<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Personal 200 post ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, abril 25, 2006
Parecía onte cando escribía iso de… “Post 100…”
Non son posts sustanciais, alomenos máis que o post 43, ou 120, ou 57...nin posts transcendentais, é máis, ningún nunca o foi, a visión do mundo de forma subxectiva e anónima non crea escola, aínda que algúns coma min nos empeñemos en cambiar o mundo coa forza da palabra. Pero son números redondos, centenares de e motivo de celebrar… e votar a vista atrás. De mirarnos agora e vernos no pasado, e alegrarnos ou lamentarnos dos inevitábeis cambios que nos deparou o futuro. Tiña razón Marisol cando dicía que a vida é unha tómbola e non pode parar.
A mellor conclusión que podo sacar desta ollada ó pasado é unha norma fundamental que di que amigos hai poucos e hai que saber coidalos. Pode que eu non sexa o mellor fillo do mundo, nin o mellor irmán do mundo, nin o mellor escritor do mundo, pero chegados a este punto de partido, onde a victoria se antolla difícil pero non imposibel, é cando todos teñen que poñer da súa parte o máximo para, polo menos, intentalo. Non sempre se gañan partidos xogando bonito, como non sempre se conservan ós amigos de toda a vida facendo acto de presencia nos bos momentos e evaporándose nos malos. Nos bos momentos todos somos colegas, nos malos, os que están ahí son os amigos.
Por iso, non podo máis que agora sentirme defraudado e traizoado por dúas persoas que consideraba amigos de toda a vida, e non foron máis que farsantes, actores dun teatro sen guión nen palco, ós que lle din ben e recibín mal. E agora choran, porque se ven sen amigos. Sen casa. Sen vida. E non se dan conta que nós somos os mesmos, que non cambiamos, impasíbeis ante os seus cambios. Agora son posuidores do seu propio desprezo, víctimas da súa propia menciña, ós cales non sinto máis que indiferenza, e ata pena, coa satisfacción de ter a miña conciencia tranquila e ós meus detrás, que me apoian e están comigo; e son eles os que considero os meus amigos, facendo mención especial a miña moza, que, como todos nós, tamén tivo que aguantar as súas sen comelo nen bebelo. Amizade, que verba máis bonita e que pena que eles non a poidan usar.
Hai un refrán que di que quen sembra tormentas recollerá tempestades. As cousas non suceden porque si e cada un, ó fin e ó cabo, recebe o que merece, como que a cada porco lle chega o seu San Martiño. Algúns tardan máis do debido, pero máis vale tarde que nunca, e a outros se lles ve de lonxe o seu ego, síntoma de dime de qué presumes…
Unha persoa que non se alegra de que un amigo sexa feliz, non merece tal calificativo. Unha persoa que converteu a súa vida nunha gran mentira, non merece o respeto de ninguén, e a título persoal, é de mala xente mentir, embaucar con malas artes, malmeter e difamar, pero é de gilipollas que se o teu modo de vida se basa na mentira, que te pillen sempre, coño, dedícate á petanca, que para iso non hai que pensar, que ata para mentir hai que ser un pouco espabilado. Pero como peras non chas da o carballo, de onde non hai non se pode sacar.
Se queredes seguir pensando que nós somos os falsos e os cabróns, pola miña parte non vos vous facer cambiar de opinión, non necesito defenderme pronunciando unha soa palabra porque os feitos falan por min e son a miña mellor defensa. Se queredes seguir nos vosos mundos de Iupi, ninguén vos vai quitar a ilusión, pero prégovos encarecidamente que vos quededes alí por moito tempo. Aquí nunca gostou a mentira nen os seus portadores.
Quen se queira dar por aludido que o faga, porque deste tema non volverei falar, polo menos aquí.
Segundo tempo, min. 37, 2-1. Xogamos contra prognóstico, pero pódese empatar, ir a prórroga e ata, se todos empurramos, meter un terceiro. De sonos tamén vive o home, e os sonos, que sonos son, ás veces fanse realidade. Agora depende de nós e desfacernos das lousas; de nós, dos que queremos que isto saia adiante.

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -