<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Un ano. ! !
Posteado por: Tellaceibe-1!
Data:
quinta-feira, setembro 09, 2004
Un ano, Xa. E xa que este día é un momento no que é imposibel non poñerse a recordar, recordemos.
Momentos memorabeis:

- O primeiro post: "O Galego é unha lingoa para minorias..." (por isra,como non)

- O cambio d template por ali preto do Outubro de 2003: moi cutre,con cores azuis, nun principio sen tag, sen contador, sen seccións... iso si xa aparecian os golfiños que se convertirian no simbolo da nosa páxina. Ainda así mellor que a primeira.

- A nosa web irmán comezou a súa andadura, comezou Movida LeyVa!

- O comezo e o único cápitulo, polo momento, de Morte nunha foto de Cristal

- Ante a necesidade de coñecer os vosos intereses engadimos un tag que xa non funciona, puxeramos un enlace de comentarios que case nunca funcionaba e comezaramos a crear enquisas coma tolos, que moi pronto volverán a estar presentes en TellaCeibe.

- Unimonos aos Blogueiros da Galiza

- Modificamos (Va! modificou) o template tanto que case non parecia o mesmo e engadimos unha música en midi que case non se recoñecia ata que non te parabas a escoita-la ben, cambiou a imaxe dos golfiños, unha estrela que se movia e unha bandeira

- Co cambio de ano estreamos novo template semellante o anterior coas mesmas fotos e algunhas máis. Engadimos o Foro que, ainda agora non rematou de arrincar, seguiremos traballando.

- Incorporouse un novo colaborador Dani, e que inauguraría un modo de postear, copiar e pegar e-mails con gracia, seras vago.

- A matanza de Madrid modificou o rumbo de todo e só habia unha cousa que dicir... ASASINOS.

- Despois chegarian máis colaboradores, Iván e Iriña. Ainda que o que se di postear como que non o fixeron moito.

- O xogo(cutre) de facer un rompecabezas que ainda anda por aqui.

- A 1º Bulla entre Isar e Va!(moi pronto tamén volverán novas Bullas).

- Comezamos a poñer música de verdade e a elixir cada unha un.

- Chegou o post 100, o novo espacio Verso vento e o cambo outra vez do template. Engadindo un chat, ligazóns (ainda en construcción),e os TellaBlogs dos colaboradores.

- Case para rematar, chegou o novo soño de poder viaxar novamente a Tella e o seuAlbume das fotos.

- Pois así chegamos ata o momento no que podemos dicir que xa temos un aniño de idade. Xa o sabemos só e´unha forma de medida que non ten nada de particular,365 días. Pero no é ´só iso, sentir que podemos dicir que chegamos eiqui é xa dicir moito.
Preguntome que lle diría eu a alguén se me preguntase fai un ano que iba ter unhas páxinas na rede e que ía entender do html ese,ghagha. Botariame unhas gargalladas boas...
En fin, datos: 118 posts, 6 colaboradores, amigos, e algo máis, 38 mesaxes no foro, máis de vinte no novo tag, segundo o contador, máis de 3300 visitas e unha media de 20 visitas , máis ou menos.

Isra e Va! crearon este sitio nos tempos aqueles pra crear un espacio libre/ceibe para poderen dicir o que lles petase, no idioma que lles apetecese e do modo que lles petase, poidendo participar todos os que o desexaran.... e un ano despois, creo que os nosos desexos cumplironse e sobrepasaronse. Por iso, só podemos dicir unha cousa, Gracias a todos porque ver como ese contador non para de sumar fainos cada día ter máis ganas de facer mais novas cousas para vós.
Esperamos poder cumprir con todo o prometido e que o poidades desfrutar. Intentaremos seguir evolucionando cos tempos que corrán.Vemonos dentro dun ano, e xa falaremos ;).

 

|  Tellaceibe-1! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -