<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Feliz día dos atontados... ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, fevereiro 15, 2004
Comezan as présas, as dúbidas... "Que lle merco" " e se nom lle gosta?" "nom é demasiado tarde, darame tempo?" ,,, e todo por un día no que a palabra que menos se pronuncia é un: "Quérote",,, todos se empeñan en mercar e mercar, algo que lle poida gostar á parella cando o máis gratificante sen dúbida é escoitar un ámote sinceiro, porque nestos tempos estamos moi necesitados dese amor que falta...
Nom sei se no Iraque vivirase o día do amor nen tampouco se teñen ganas de celebralo... no Iraque, en Palestina, en Belfast... en tantos lugares, en tantos rincóns... algún quérote, algún ámote,,, se cadra nom,,, porque parece que o mundo esqueceu o valor desas palabras,,,
Nom intento facer un post anti o San Valentín comercial (que o é) ,,, nin tampouco aproveitar para facer un post político... so quero dicir que o bonito de San Valentín sería que fose tódolos días e nom só un, e que o mellor regalo nom o hai que atopar nunha grande área comercial, se nom no fondo dos nosos corazóns para intentar cambiar o mundo...

De: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -