<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Personal 200 post ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, abril 25, 2006
Parecía onte cando escribía iso de… “Post 100…”
Non son posts sustanciais, alomenos máis que o post 43, ou 120, ou 57...nin posts transcendentais, é máis, ningún nunca o foi, a visión do mundo de forma subxectiva e anónima non crea escola, aínda que algúns coma min nos empeñemos en cambiar o mundo coa forza da palabra. Pero son números redondos, centenares de e motivo de celebrar… e votar a vista atrás. De mirarnos agora e vernos no pasado, e alegrarnos ou lamentarnos dos inevitábeis cambios que nos deparou o futuro. Tiña razón Marisol cando dicía que a vida é unha tómbola e non pode parar.
A mellor conclusión que podo sacar desta ollada ó pasado é unha norma fundamental que di que amigos hai poucos e hai que saber coidalos. Pode que eu non sexa o mellor fillo do mundo, nin o mellor irmán do mundo, nin o mellor escritor do mundo, pero chegados a este punto de partido, onde a victoria se antolla difícil pero non imposibel, é cando todos teñen que poñer da súa parte o máximo para, polo menos, intentalo. Non sempre se gañan partidos xogando bonito, como non sempre se conservan ós amigos de toda a vida facendo acto de presencia nos bos momentos e evaporándose nos malos. Nos bos momentos todos somos colegas, nos malos, os que están ahí son os amigos.
Por iso, non podo máis que agora sentirme defraudado e traizoado por dúas persoas que consideraba amigos de toda a vida, e non foron máis que farsantes, actores dun teatro sen guión nen palco, ós que lle din ben e recibín mal. E agora choran, porque se ven sen amigos. Sen casa. Sen vida. E non se dan conta que nós somos os mesmos, que non cambiamos, impasíbeis ante os seus cambios. Agora son posuidores do seu propio desprezo, víctimas da súa propia menciña, ós cales non sinto máis que indiferenza, e ata pena, coa satisfacción de ter a miña conciencia tranquila e ós meus detrás, que me apoian e están comigo; e son eles os que considero os meus amigos, facendo mención especial a miña moza, que, como todos nós, tamén tivo que aguantar as súas sen comelo nen bebelo. Amizade, que verba máis bonita e que pena que eles non a poidan usar.
Hai un refrán que di que quen sembra tormentas recollerá tempestades. As cousas non suceden porque si e cada un, ó fin e ó cabo, recebe o que merece, como que a cada porco lle chega o seu San Martiño. Algúns tardan máis do debido, pero máis vale tarde que nunca, e a outros se lles ve de lonxe o seu ego, síntoma de dime de qué presumes…
Unha persoa que non se alegra de que un amigo sexa feliz, non merece tal calificativo. Unha persoa que converteu a súa vida nunha gran mentira, non merece o respeto de ninguén, e a título persoal, é de mala xente mentir, embaucar con malas artes, malmeter e difamar, pero é de gilipollas que se o teu modo de vida se basa na mentira, que te pillen sempre, coño, dedícate á petanca, que para iso non hai que pensar, que ata para mentir hai que ser un pouco espabilado. Pero como peras non chas da o carballo, de onde non hai non se pode sacar.
Se queredes seguir pensando que nós somos os falsos e os cabróns, pola miña parte non vos vous facer cambiar de opinión, non necesito defenderme pronunciando unha soa palabra porque os feitos falan por min e son a miña mellor defensa. Se queredes seguir nos vosos mundos de Iupi, ninguén vos vai quitar a ilusión, pero prégovos encarecidamente que vos quededes alí por moito tempo. Aquí nunca gostou a mentira nen os seus portadores.
Quen se queira dar por aludido que o faga, porque deste tema non volverei falar, polo menos aquí.
Segundo tempo, min. 37, 2-1. Xogamos contra prognóstico, pero pódese empatar, ir a prórroga e ata, se todos empurramos, meter un terceiro. De sonos tamén vive o home, e os sonos, que sonos son, ás veces fanse realidade. Agora depende de nós e desfacernos das lousas; de nós, dos que queremos que isto saia adiante.

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: De entradas, saídas, de case douscentos e outras cousas. ! !
Posteado por: Va!
Data:
quarta-feira, abril 19, 2006
Olá,seguidores fieis ainda que non numerosos.
Antes de nada, quero informar-vos das últimas novidades da páxina:
Se subiron as fotos dá kedada de Tabeaio I e as podedes ver calcando aquí. Ademais, pronto colgaremos uns vídeos que gravamos ás tantas da noite xogando unha partida de futbol bravú de tres contra tres esa mesma noite en Tabeaio (que risas).
Máis cousas, ao ir postear este post dinme de conta de que sería o número 199, e que xusto cando estamos a ponto de nos despedir de blogger como utilidade para postear, nos atopamos a un só post de somar 200 posts.
O que me leva a facer-me unha pergunta
Que chegará primeiro?, o post 200 ou o novo aspecto de TellaCeibe??
En realidade, o de novo aspecto é ( ou quere ser) algo máis que un simple cambio de template. Quere ser unha nova forma de entender á páxina, non só os posts persoais de Isra (que é o que leva sendo a páxina dende case-sempre), con seccións renovadas semanalmente de temáticas diversas, videos, camisolas... pero sen olvidar os nosos temas da panda, fotos e demáis.
¿Qué chegará antes, O POST 200 OU A_RENOVA_TELLACEIBE?
Estade atentos e poderedes contestar á pregunta. ;D

 

|  Va! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Cantares Ghalleghos V. Ceibe ! !
Posteado por: Va!
Data:
quinta-feira, março 30, 2006
Adeus, trobas; adeus, cabelos;
adeus, peliños queridos;
adeus, pousados nos meus ombros,
non sei cándo nos veremos.

Miña cabeleira, miña cabeleira,
cabeleira donde el creceu,
ghinachos que quero tanto,
trobiñas que peiteei...

Peiteados, ríos, arboredas,
pinachos que move o vento,
paxariños piadores,
trobiñas d'o meu contento.

Muiño d'os castañares,
noites craras d'o luar,
campaniñas timbradoiras
d'a igrexiña d'o lugar.

Amoriñas d'as silveiras
que eu lle daba ô meu amor,
camiñiños antr'o millo,
¡adiós para sempr'adiós!


Pelo antes e despois

P.D: Levaba bastantes días buscando tempo pra postear esta tonteria :S, espero que a alguén lle teña gracia polo menos.

Proximamente novo aspecto pra tellaceibe, estade atentos, o reloxo comezou a conta atrás.

 

|  Va! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Saúl fala ! !
Posteado por: TellaCeibe_Vos!
Data:
segunda-feira, março 20, 2006
Por Saúl:

Antes de nada quero aclarar q non son machista, se non realista logo as mulleres opinaredes o primeiro pero eu o aclaro de anteman.
Discriminacion positiva, en principio soa ben pero... estas duas palabras levan tras de si un grave problema pa todos os que temos colgando entre as pernas pq ese algo fainos inferiores ante a ley ou a sociedade.
Un dos sinonimos de discriminacion positiva e o doble baremo. Seguro q vos soa, si algun de vos pretende acceder a algun exame o q se presenten mulleres sabra q existe un doble baremo, por exemplo para bombeiro ou policia si eres home telo mais complicado q unha muller para entrar. Eu me pregunto este doble baremo fano pola discriminacion positiva pa q a muller poida optar mais facilmente a este posto de traballo¿¿¿??? e sigo cuestionando, esta muller cando estea nun incendio e teña q cargar xa non cn alguen q pese mais si non con alguen do seu peso ela podra cn el?? pois a resposta e moi simple probablemente non pq ela non lle piden o esforzo fisico q che piden a ti x ser home.
A discriminacion positiva temos a sorte de atopala na tv tamen series como sexo en new york ou mujeres desesperadas son lideres de audiencia a base de fomentar o feminismo, sigo cuestionandome q pasaria si sustituisemos esas mulleres por homes?? seguro q a serie seria lider de audiencia pero a retirarian da grella da tv pq haberia grupos feministas q non consentirian q un grupo de homes se paseen follando por nueva york a todas cantas poidan.
A discriminacion positiva agora xa ta na lei, basta q unha muller diga q lle peguei pa q me metan no carcere e a miña palabra cntra a dela pero perdo eu por ser home, ultimamente a cousa e peor pq se "inventou" algo q se denomina agresion psicologica q ti agredes a sua moral como persoa e ten dereito a denunciarte x elo, e fai q me siga cuestionando,E q coño ta facendo a puta discriminacion positiva cn nos??
Gracias a esto q escribo vou ter un lote de admiradoras pero vai sendo hora de q alguen poña os puntos sobre os ies , eu non teño pq esforzarme o doble q outra persoa polo mero feito de ser home nin teño pq aguantar q x ser home non poder decir certos comentarios pq seria cnsiderados delito, A IGUALDADE DAS PERSOAS NON SE CONSIGUE DISCRIMINANDO A UN SEXO!!! si keredes igualdade traballade para conseguila, a vida para un home e como unha estrada sn asfaltar chea de baches e para a muller converteuse en unha autovia con indicadores luminosos.
Pidovos q comentedes aki o q opinades deste tema

 

|  TellaCeibe_Vos! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Antimadridista ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quinta-feira, março 16, 2006
Qué felicidade se respira en Madrid, o Espanyol votounos da Copa o ano do noso centenerario...
Se fose a final, quizáis chegaría a entendelo, pero tendo en conta que son de Madrid, e aínda por enriba madridistas, entendo que se alegren, porque teñen o cerebro atrofiado entre fumes e ruídos.
Si, son antimadridista, de sempre, non é unha novidade. A miña carta de presentación di "galeguista, federalista, antimadridista".
Odio ó Real Madrid porque estou farto da manipulación informativa. Porque nos queren facer crer que é o equipo da "nación" (¿qué nación?). Porque ten unha afición burguesa e ultradereitista. Porque subvenciona ós skins (mentras non violen á filla de Florentino Pérez, son "unos chicos muy majos que portan banderitas de España y se acuestan a las diez de la noche"). Porque xoga Raúl, aquel das grandes narices que sae na revista dos Ultrasur, que se di que é o estandarte da selección, co único inconveniente de que aínda ten que aprender a xogar ó fútbol. Porque se cren galácticos. Porque J.J. Santos é merengue ata a médula, que xa pode gañar unha carreira Fernando Alonso que primeiro fala de que a Beckham se lle desatou unha bota como primicia deportiva. Porque son do Dépor, un equipo humilde, que nunca tivo e tampouco pide moito.
Que se alegren, pero eles sempre terán o recordo do 06-03-02, aínda que tenten esquecelo, o día do seu centenario, cando non contaban con nós, os convidados de pedra, chegamos, vimos, vencimos, nos levamos a Copa, e se tiveron que meter os petardos polo cú. Nós non perdimos ningunha final, nin celebramos a destempo, e a eles esa dor vailles queimar de por vida. Ese día, Madrid chorou de pena, e Coruña de alegría.
Forza Dépor Antimadridista

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: "Saliiiiiir, bebeeeeer, el rollo de siempreeee" ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, março 10, 2006
"Quiridos curuñeses, el sábado 11 de Marzo concentración alcohólica en la Plaza del Humor".
Así o diría Caco Vázquez, se aínda estivese aqui... (anda que pena, márchase o xenial Paquiño, amante dos galegos/uistas e tan liberal como para casar ós homosexuais... retranca galega) pero como non está, fágome responsabel de difundir desde a páxina que o 11 de marzo, é dicir, mañá, planeouse unha concentración/macrobotellón a partires das 22:30 na Praza do Humor, ¿con qué fin? pois en principio bater outro récord doutra reunión das mesmas características en Sevilla onde se chegou á cifra de 5000 persoas. Realmente, a praza do humor é bastante reducida como para que collan máis de cinco mil, pero se a iso lle sumamos as rúas colindantes aínda se pode conseguir un bo número. Certo é que na Praza de María Pita teriamos máis posibilidades, ou se cadra na praia, pero con que o concello nos limpe o arenal do Orzán o 24 de Xuño xa podemos estar agradecidos, despois da que se monta na noite de San Xoan (bendita festa, só quedan tres meses :D).
¿O peor? para os veciños, pero é a pescada que se morde a cola. A xuventude sae, divírtese e bebe, pero o que non podemos permitir é que nun pub nos cobren o cubata a prezo de botella. Os veciños piden solucións ó concello polos botellóns, pero nós tamén pedimos solución a prezos abusivos. Pero o que non se pode perdoar, son os destrozos xerados por estas concentracións e o lixo que se produce. Con que todos recolleramos as nosas botellas e vasos ó acabar evitariamos parte do problema, e non é tan dificil, polo menos eu o fago tódolos sábados. ¿Os destrozos? iso vai na ética de cada un, pero é algo que hai que evitar a toda costa. ¿O ruído?, moitas persoas reunidas, tan só con falar, producen ruído, é algo inevitabel. ¿Os cheiros? bueno... a ver quen aguanta as ganas de mexar nos garaxes xD
Vémonos mañá na praza ;)

"Saliiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiirrr bebeeeeeeeeeeeeeeeerrr el rollo de siempreeeeeeeeeee"

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Galiza e a noso estrella ! !
Posteado por: Ivan!
Data:
sexta-feira, março 03, 2006
A nosa terra galega tan vella pero a sua vez tan descoñecida, chea de meigas e de feitizos feitos o lar dunha lareira mentres as linguas de lume movense sinuosamente.

É nesta Galiza onde se fabrica unha das mellores cervexas do mundo, ainda que poderiamos dicir que é a mellor de todas, a Estrella Galicia.

Esta cervexa que é sen dubida a cervexa maís consumida en Galiza , destaca polo seu carácter forte e a sua vez tan sensual, cun sabor, sí, un pouco acido para o paladares dulzóns pero non para un galego rudo, traballador pero a vez algo juerguista.

Na maís saborear esta fermosa rubia eu recordo a miña terra querida. Que lle vamos a facer nacin galego, son galego e morrerei galego, como a Estrella Galicia e ambos como todolos galegos sentémonos orgullosos de pertencer a Galiza.

 

|  Ivan! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Post político, dirixido a Cova ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, fevereiro 10, 2006
Dirixido a Cova, porque foi ela quen se pronunciou, cousa que lle honra, porque é das/dos poucas/poucos que comenta, e aínda por enriba, en contra ;)
Pois si, en España, hai nacións, aínda que che custe crelo. A democrácia, -palabra acuñada en Atenas no século 5 A.C.- entendida en termos políticos, significa que a soberanía reside no povo, directa ou indirectamente (se votamos man do diccionario, votamos man todos). O poder para cambiar as leis e as estructuras do governo, así como o poder de tomar tódalas decisións de governo reside na cidadanía. Quen negue que en España non hai un sentimento nacionalista hacia o seu lugar de orixe, ou está cega, ou se nega a crelo.
E se democrácia é povo, non se poden facer oídos xordos a un desexo inalienabel de gran parte da sociedade, que aínda, non moi representantiva en Galiza, desgraciadamente, si nos Païses Cataláns i Euskadi. Pero o que a min me gustaría saber realmente, é o nexo cultural e lingoístico de unión entre Galiza, Euskadi e Païses Cataláns hacia España, que algúns din que é un país. Na Galiza fálase galego, cómense lacón con grelos e empanada, báilase a muiñeira e antigamente, a xente gañábase a vida indo ó mar ou sachando as patacas (si, a cousa foi así durante moitos anos, se te avergoñas por iso decididamente non naciches para vivir aquí). Mentres, nesa España que un señor de bigote dicía que era "una, grande y LIBRE", fálase castelán (que en libros contrastados confírmase que gran parte do léxico pode derivar desa língoa "de separatistas" chamada galego, xa o explicarei un día), cómese paella e caldo madrileño, bailan jota e flamenco e a súa única diversión cultural é matar a un animal con cornos que o seu único crime foi nacer touro. E agora dime, se Galiza e España son tan diferentes, ¿Por qué non podo sentir un desexo nacionalista hacia Galiza, quen me representa e onde nacín, e non por España? ¿Por qué se eu me criei entre galegos, mamei da língoa da miña pátria e cultivei un sentimento hacia o meu povo? ¿Por qué debo rendirlle pleitesía a un país que dende o século XV nos tratou de colónia, nos explotou e vilipendiou, humillou, criticou, e nos roubou a nosa identidade? Ese país que ti chamas España. E se non me cres, colle un libro de historia e empeza a ler pola páxina dos Reis Católicos. E por dicir máis, España, como ti a entendes hoxe, é máis nova que Galiza, que, non é por nada, pero é a terra máis antiga da Península. Entenderíasme agora se che dixese -de forma esaxerada-, que que Galiza pertenza a España pode deberse a un acto de imperialismo por parte do país ó cal ti profesas amor.
Se dito o dito segues sen entender como pode existir xente que profese galeguismo cunhas razóns máis que lóxicas e comprobábeis, sube a barra e volve a ler. Podería dar outras cantas razóns de por qué sinto que Galiza é a miña nación, pero prefiro deixalo para outro post.
Sobre o teu comentario, vouno dividir en partes e dar o meu punto de vista. "¿Pero como que en España hay 3 naciones? ¿Pero de donde has sacado eso?", creo que está ampliamente explicado. "Te voy a poner lo que dice el diccionario -> Conjunto de habitantes de un PAIS regido por un Gobierno central", expliqueiche eu tamén democrácia, e creo que a definición de nación que ti das é perfecta para o que sentimos os galeguistas. "¿ Y que es que hoy no estamos en una dictadura? PUES SI. Resulta que si opinas algo vas para la carcel, no hay libertad, ellos imponen lo que quieren , chupan pasta por todos los lados (vale no digo que no lo hagan otros tb). Lo único que saben hacer los de izquierdas es faltar a la gente que es de derechas." Se falamos de dictaduras, podemos citar a dictadura de Aznar: lémbrome da prohibición por parte do governo hacia o BNG de pegar carteis nacionalistas nas paredes das rúas... lémbrome das cargas policías nas manifestacións... lémbrome dos documentos agochados do 11-M, que inculpaban á política do PP do atentado e que non quixeron sacar á luz... lémbrome da mala xestión do Prestige... ¿falta de liberdade? ¿cárcere? ¿imposición?, verbas que ben podían definir a dictadura, recórdoche que o PP foi fundado pola rama "democrática, ejem" do franquismo e encabezada polo señor Fraga, ex-ministro con Franco. E polo que teño entendido, Franco e liberdade non podían ir unidos. Agora que o PP está buscando firmas a prol dos dereitos dos cidadáns, recórdolle ó señor Mariano Rajoy que os gays tamén son persoas, e como persoas, tamén teñen dereitos, aínda que el e a súa cúpula se manifestaran en contra. "¿Pero crees que es normal que esten amenazando a la gente de derechas porque opinen distinto?Eso es libertad?ya me dirás si es una dictadura o no.". Poderíache dicir cantas veces me sentín amenazado en manifestacións en contra da política do PP, poderíache dicir que, ese partido de "centro"-dereita, é a nova xeración do franquismo, ese señor de bigote ferrolán que amenazaba, só por pensar. Xa me dirás se o governo do PP é unha dictadura ou non. " ¿por que querían cerrar la emisora de radio COPE en Cataluña?Solo pq decía la verdad y a los Socialistas no les gustaba que dijesen la VERDAD? Eso es libertad?". Se falamos diso, os peperos querían facer o mesmo coa SER, co tema do 11-M e, realmente, se querían cerrar a COPE, a razón tería que ser máis que xustificada, porque esa emisora avogaba polo <>, inventado na dictadura de Franco e reinventado co señor Aznar. "Ya sabes que a mi no me gusta hablar de temas de politica pq me caliento en seguida asi que no sigo", a diferencia de ti, a min me encanta, pero lido o lido, sentía a necesidade de defenderme.
Supoño que o último comentario non é teu, pero se é teu, chapó. Se é teu, coméntocho, pero non o fago agora porque non sei se o escribiches ti. Gustáronme os teus comentarios, aínda que non tivesen nada que ver coa miña ideoloxía, este é un espazo aberto onde todos podemos comentar sobre todo ;)

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Españois todos, dicíannos ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, fevereiro 07, 2006
Españois todos, dicíanos aquel anano de corto bigote e mente, asasino dos dereitos e da vida.
Hoxe se me da por escribir dos tempos pasados, porque non hai mellor cousa que mirar atrás e entender como somos agora.
Españois todos, dicíannos. Un dos cabalos de batalla do governo actual é erradicar dunha vez por todas o terrorismo. Lembro que fai corenta anos, matábase por pensar diferente, pero a iso nunca se lle chamou terrorismo. E o peor de todo, que as mortes non eran en guerra civil, nin entre dous bandos claramente diferenciados na procura de victoria. Había un superior no poder, o feixista, e un idealista que pensaba ás agochadas, os que morrían.
Hai mil maneira de facer terrorismo, e os españois levaron sufrindo corenta anos de medo.
Españois todos, dicíannos. Cando moitos non se sentían, pedían democracia, e a cambio lles daban morte. Tivémolo que ver morrer nunha cama, sen desfrutar do pracer de derrocalo; o povo, aquel mesmo que sofría das súas consecuencias.
E a merda do pasado arrástrase ata o día de hoxe. Hai un mesmo anano de bigote, pero este se chama Aznar. Existe a mesma ideoloxía, camuflada no "centro"-dereita. Os que governaron con Franco governaron en democrácia, mais a el derrocámolo, o que non puidemos facer co caudillo. Mentres exista unha Fundación Francisco Franco, seguirá existindo o franquismo. Mentres exista o centro-dereita, seguirá existindo o franquismo. Mentres exista hipocrisía política, seguirá existindo o franquismo. Qué dificil deberá de ser comprender para algúns, que en España hai tres nacións diferenciadas, e cando gritaban "Arriba España!", outros berrabamos "Galiza Ceive!".

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Post-día da Paz ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, janeiro 31, 2006
30 de xaneiro.
Para moita xente esta data non significa máis que un día no almanaque, aínda que saiban qué se celebra. É o día da Paz, o día dos paxaros brancos.
Gostaría chegar a este día e que non se celebrara. Porque días da Paz, deberían selo todos. Pero mentras existan mafias, maras, maltratadores, militares, Bush, violadores, asasinos, dictadores, Blair... faise demasiado dificil que o mundo colla o rumbo que se merece.
Parece dificil, pero non é. Podería escribir un post dos típicos nestas datas, pero prefiro que a vosa reflexión, se é que algún de vós reflexiona, lle sirva máis que o que eu poida dicir.
Paloma da Paz

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: De máis problemas e escusas varias ! !
Posteado por: Va!
Data:
terça-feira, janeiro 24, 2006
Polos mesmos problemas que comentei o día 15 deste mes non é posibel presentar o novo template. Posteo isto dende a clase asi que xa vedes como está a cousa. Espero ter o ordenador formateado e listo esta semana pero seguiremos informando. Non prometo data exacta, para non ter que rectifica-la de novo.
Ata pronto, ou iso espero :S.

 

|  Va! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: En grato homenaxe a Antón e Txury ! !
Posteado por: Isra!
Data:
segunda-feira, janeiro 23, 2006
Cada vez que entrades en tellaceibe, o primeiro que escoitades é un midi dun directo do programa zapping, de RadioVoz, presentado por Antón e Txury. Ese directo, do 23 de decembro, tivo lugar na fundación Luís Seoane en Coruña. E como non, Va! e máis eu tivemos o pracer de asistir ;).
Unha das seccións do programa chámase "Atxurizapping", que consiste en, e como din eles, tentar explicar con "base científica" un feito cotidiano, vamos, desbarrar sobre un tema o máximo posíbel.
Non é por copiar, pero a sección ten bastante chicha, asi que, así de escaqueo ímola incorporar as nosas seccións, ejem lalalala xD.
Propoño que se algún de vós ten algún feito cotidiano (se non sabedes a qué nos referimos, nos valen feitos cotidianos como "¿Por qué no cumpreanos se tira das orellas e non doutra parte do corpo?", "¿Por qué o bostezo é contaxioso?" por exemplo) que queira que o analicemos, nolo faga saber -comments, e-mails...- e o meu compañeiro e máis eu tentaremos buscarlle unha explicación "lóxica?¿".
O atxurizapping desta semana pode ser : "¿Por qué a pel de galiña non se pon na cara?"
Pensando... por favor, espere....

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Aviso importante ! !
Posteado por: Isra!
Data:
segunda-feira, janeiro 16, 2006
Aínda que poida parecer mentira, podédelo crer.
Non sei se sabiades da existencia da pandilla "Sangre".
Parece ser, que o pasado fin de semana, celebrábase o seu rito de iniciación. Para os que non estedes enterados desta pandilla, pertencen a Guatemala, e o rito consiste en que o iniciado en cuestión levará un coche de madrugada sen as luces prendidas. Conseguirán nos demáis conductores que inconscientemente lles fagan cambio de luces para avisalos e automáticamente se convertirán no seu obxectivo; matarán a tódolos ocupantes do coche.
Non sei que grao de verdade hai nesta nova, pero eu por se acaso, aviso, non vaia se-lo demo ;).
O seguinte post será para analizar este tipo de rito de iniciación...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Do novo template e dos CiberOkupas de TellaCeibe ! !
Posteado por: TellaCeibe!
Data:
domingo, janeiro 15, 2006
Tres cousas importantes que dicir:
· Comunicase o borrado das contas dos respectivos CibersOkupas de TellaCeibe e a anulación dos cadanseus tellablogs: Dani, Iván, Iría e Leti por omisión do post do día 08-01-2006.
· Por outra banda, terase en conta o ofrecemento (ou farol) de Cova, sempre estamos abertos a contar con xente que lle poña ganas.
· Pra rematar, non podemos estrear o novo template ata polo menos uns días, problemas técnicos o impiden, por problemas tecnicos entendase: teño fodido o ordenata e vai cando lle peta .

Vemonos pronto, con novo template :D.

 

|  TellaCeibe! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: De probas, verdades e outras cousas ! !
Posteado por: TellaCeibe!
Data:
domingo, janeiro 08, 2006
Boas sócios, este é un comunicado Oficial criado en asoación por "Os dous de Sempre" espécialmente dedicada para os Cibers Okupas restantes.
Vista que a aportación dos nosos Cibers Okupas foi case que nula e SOBRE TODO que a preocupación pola páxina foi decaindo, se dixo probar esta teoria sometendoos a unha sinxela proba.
Os Cibers Okupas que queiran seguir pertencendo a esta comunidade o único que teñen que facer é:
1- deixar un comentário neste post ou no buzón e 2- mandar un mail co nome, eu quero. Simple, verdade?
O complicado é que hai un prazo limite de tempo: unha semana é a data limite desde o dia de hoxe, 8 de Xaneiro de 2006 (tampouco seremos moi cabróns con isto da data pero bueno, deixando un día de marxe como máximo).
Rogamos a todos os visitantes que puidesen avisar a algún dos cibers okupas que non o fagan porque se non está pequena proba non ten sentido.
Non facemos isto para eliminar a ninguén e non imos mudar nen o nick nen a seña da conta blogger pero só o facemos un pouco en honra á verdade e a verdade é que os que seguimos facendo a páxina somos os dous de sempre, e como xa se di máis en riba sobre todo é pola pouca reocupación pola páxina dos CiberOkupas, porque non exiximos nengún número determinado de posts ao mes nen nada, pero que non exista interese pola páxina dun CiberOkupa da mesma non semella lóxico e para pertencer a algo que non che interesa non paga a pena,non?
Para a semana posíbelmente estrearemos aspecto renovado e só se incluirán os Okupas que o fixesen.

De todos modos calqueira pode seguir participando na páxina, enviando mails, deixando mensaxes no tag, comentarios, etc, etc...

Grazas a todos por facer posibel esta peculiar
"Comunidade do Golfiño",

Fin da Comunidade Do Golfiño


ata sempre De...

TellaCeibe Companha.


P.D: Foder, canto tempo tardei en decidir postear o carallo do comunicado.

 

|  TellaCeibe! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -