
|
TÃtulo: Post político, dirixido a Cova ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, fevereiro 10, 2006
|
 |
Dirixido a Cova, porque foi ela quen se pronunciou, cousa que lle honra, porque é das/dos poucas/poucos que comenta, e aínda por enriba, en contra ;) Pois si, en España, hai nacións, aínda que che custe crelo. A democrácia, -palabra acuñada en Atenas no século 5 A.C.- entendida en termos políticos, significa que a soberanía reside no povo, directa ou indirectamente (se votamos man do diccionario, votamos man todos). O poder para cambiar as leis e as estructuras do governo, así como o poder de tomar tódalas decisións de governo reside na cidadanía. Quen negue que en España non hai un sentimento nacionalista hacia o seu lugar de orixe, ou está cega, ou se nega a crelo. E se democrácia é povo, non se poden facer oídos xordos a un desexo inalienabel de gran parte da sociedade, que aínda, non moi representantiva en Galiza, desgraciadamente, si nos Païses Cataláns i Euskadi. Pero o que a min me gustaría saber realmente, é o nexo cultural e lingoístico de unión entre Galiza, Euskadi e Païses Cataláns hacia España, que algúns din que é un país. Na Galiza fálase galego, cómense lacón con grelos e empanada, báilase a muiñeira e antigamente, a xente gañábase a vida indo ó mar ou sachando as patacas (si, a cousa foi así durante moitos anos, se te avergoñas por iso decididamente non naciches para vivir aquí). Mentres, nesa España que un señor de bigote dicía que era "una, grande y LIBRE", fálase castelán (que en libros contrastados confírmase que gran parte do léxico pode derivar desa língoa "de separatistas" chamada galego, xa o explicarei un día), cómese paella e caldo madrileño, bailan jota e flamenco e a súa única diversión cultural é matar a un animal con cornos que o seu único crime foi nacer touro. E agora dime, se Galiza e España son tan diferentes, ¿Por qué non podo sentir un desexo nacionalista hacia Galiza, quen me representa e onde nacín, e non por España? ¿Por qué se eu me criei entre galegos, mamei da língoa da miña pátria e cultivei un sentimento hacia o meu povo? ¿Por qué debo rendirlle pleitesía a un país que dende o século XV nos tratou de colónia, nos explotou e vilipendiou, humillou, criticou, e nos roubou a nosa identidade? Ese país que ti chamas España. E se non me cres, colle un libro de historia e empeza a ler pola páxina dos Reis Católicos. E por dicir máis, España, como ti a entendes hoxe, é máis nova que Galiza, que, non é por nada, pero é a terra máis antiga da Península. Entenderíasme agora se che dixese -de forma esaxerada-, que que Galiza pertenza a España pode deberse a un acto de imperialismo por parte do país ó cal ti profesas amor. Se dito o dito segues sen entender como pode existir xente que profese galeguismo cunhas razóns máis que lóxicas e comprobábeis, sube a barra e volve a ler. Podería dar outras cantas razóns de por qué sinto que Galiza é a miña nación, pero prefiro deixalo para outro post. Sobre o teu comentario, vouno dividir en partes e dar o meu punto de vista. "¿Pero como que en España hay 3 naciones? ¿Pero de donde has sacado eso?", creo que está ampliamente explicado. "Te voy a poner lo que dice el diccionario -> Conjunto de habitantes de un PAIS regido por un Gobierno central", expliqueiche eu tamén democrácia, e creo que a definición de nación que ti das é perfecta para o que sentimos os galeguistas. "¿ Y que es que hoy no estamos en una dictadura? PUES SI. Resulta que si opinas algo vas para la carcel, no hay libertad, ellos imponen lo que quieren , chupan pasta por todos los lados (vale no digo que no lo hagan otros tb). Lo único que saben hacer los de izquierdas es faltar a la gente que es de derechas." Se falamos de dictaduras, podemos citar a dictadura de Aznar: lémbrome da prohibición por parte do governo hacia o BNG de pegar carteis nacionalistas nas paredes das rúas... lémbrome das cargas policías nas manifestacións... lémbrome dos documentos agochados do 11-M, que inculpaban á política do PP do atentado e que non quixeron sacar á luz... lémbrome da mala xestión do Prestige... ¿falta de liberdade? ¿cárcere? ¿imposición?, verbas que ben podían definir a dictadura, recórdoche que o PP foi fundado pola rama "democrática, ejem" do franquismo e encabezada polo señor Fraga, ex-ministro con Franco. E polo que teño entendido, Franco e liberdade non podían ir unidos. Agora que o PP está buscando firmas a prol dos dereitos dos cidadáns, recórdolle ó señor Mariano Rajoy que os gays tamén son persoas, e como persoas, tamén teñen dereitos, aínda que el e a súa cúpula se manifestaran en contra. "¿Pero crees que es normal que esten amenazando a la gente de derechas porque opinen distinto?Eso es libertad?ya me dirás si es una dictadura o no.". Poderíache dicir cantas veces me sentín amenazado en manifestacións en contra da política do PP, poderíache dicir que, ese partido de "centro"-dereita, é a nova xeración do franquismo, ese señor de bigote ferrolán que amenazaba, só por pensar. Xa me dirás se o governo do PP é unha dictadura ou non. " ¿por que querían cerrar la emisora de radio COPE en Cataluña?Solo pq decía la verdad y a los Socialistas no les gustaba que dijesen la VERDAD? Eso es libertad?". Se falamos diso, os peperos querían facer o mesmo coa SER, co tema do 11-M e, realmente, se querían cerrar a COPE, a razón tería que ser máis que xustificada, porque esa emisora avogaba polo <>, inventado na dictadura de Franco e reinventado co señor Aznar. "Ya sabes que a mi no me gusta hablar de temas de politica pq me caliento en seguida asi que no sigo", a diferencia de ti, a min me encanta, pero lido o lido, sentía a necesidade de defenderme. Supoño que o último comentario non é teu, pero se é teu, chapó. Se é teu, coméntocho, pero non o fago agora porque non sei se o escribiches ti. Gustáronme os teus comentarios, aínda que non tivesen nada que ver coa miña ideoloxía, este é un espazo aberto onde todos podemos comentar sobre todo ;)
|
|
|
|