<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: "Saliiiiiir, bebeeeeer, el rollo de siempreeee" ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, março 10, 2006
"Quiridos curuñeses, el sábado 11 de Marzo concentración alcohólica en la Plaza del Humor".
Así o diría Caco Vázquez, se aínda estivese aqui... (anda que pena, márchase o xenial Paquiño, amante dos galegos/uistas e tan liberal como para casar ós homosexuais... retranca galega) pero como non está, fágome responsabel de difundir desde a páxina que o 11 de marzo, é dicir, mañá, planeouse unha concentración/macrobotellón a partires das 22:30 na Praza do Humor, ¿con qué fin? pois en principio bater outro récord doutra reunión das mesmas características en Sevilla onde se chegou á cifra de 5000 persoas. Realmente, a praza do humor é bastante reducida como para que collan máis de cinco mil, pero se a iso lle sumamos as rúas colindantes aínda se pode conseguir un bo número. Certo é que na Praza de María Pita teriamos máis posibilidades, ou se cadra na praia, pero con que o concello nos limpe o arenal do Orzán o 24 de Xuño xa podemos estar agradecidos, despois da que se monta na noite de San Xoan (bendita festa, só quedan tres meses :D).
¿O peor? para os veciños, pero é a pescada que se morde a cola. A xuventude sae, divírtese e bebe, pero o que non podemos permitir é que nun pub nos cobren o cubata a prezo de botella. Os veciños piden solucións ó concello polos botellóns, pero nós tamén pedimos solución a prezos abusivos. Pero o que non se pode perdoar, son os destrozos xerados por estas concentracións e o lixo que se produce. Con que todos recolleramos as nosas botellas e vasos ó acabar evitariamos parte do problema, e non é tan dificil, polo menos eu o fago tódolos sábados. ¿Os destrozos? iso vai na ética de cada un, pero é algo que hai que evitar a toda costa. ¿O ruído?, moitas persoas reunidas, tan só con falar, producen ruído, é algo inevitabel. ¿Os cheiros? bueno... a ver quen aguanta as ganas de mexar nos garaxes xD
Vémonos mañá na praza ;)

"Saliiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiirrr bebeeeeeeeeeeeeeeeerrr el rollo de siempreeeeeeeeeee"

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -