$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Españois todos, dicíannos ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, fevereiro 07, 2006
|
 |
Españois todos, dicíanos aquel anano de corto bigote e mente, asasino dos dereitos e da vida. Hoxe se me da por escribir dos tempos pasados, porque non hai mellor cousa que mirar atrás e entender como somos agora. Españois todos, dicíannos. Un dos cabalos de batalla do governo actual é erradicar dunha vez por todas o terrorismo. Lembro que fai corenta anos, matábase por pensar diferente, pero a iso nunca se lle chamou terrorismo. E o peor de todo, que as mortes non eran en guerra civil, nin entre dous bandos claramente diferenciados na procura de victoria. Había un superior no poder, o feixista, e un idealista que pensaba ás agochadas, os que morrían. Hai mil maneira de facer terrorismo, e os españois levaron sufrindo corenta anos de medo. Españois todos, dicíannos. Cando moitos non se sentían, pedían democracia, e a cambio lles daban morte. Tivémolo que ver morrer nunha cama, sen desfrutar do pracer de derrocalo; o povo, aquel mesmo que sofría das súas consecuencias. E a merda do pasado arrástrase ata o día de hoxe. Hai un mesmo anano de bigote, pero este se chama Aznar. Existe a mesma ideoloxía, camuflada no "centro"-dereita. Os que governaron con Franco governaron en democrácia, mais a el derrocámolo, o que non puidemos facer co caudillo. Mentres exista unha Fundación Francisco Franco, seguirá existindo o franquismo. Mentres exista o centro-dereita, seguirá existindo o franquismo. Mentres exista hipocrisía política, seguirá existindo o franquismo. Qué dificil deberá de ser comprender para algúns, que en España hai tres nacións diferenciadas, e cando gritaban "Arriba España!", outros berrabamos "Galiza Ceive!".
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|