<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Con la local hemos topado ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, dezembro 16, 2005
Se vas a 120 por unha estrada de máximo 60 qm/h., xógaste unha multa.
Se a túa única fonte de ingresos é traficar con drogas, xógaste unha multa (ou máis).
Se eres dono dun local nocturno e sobrepasas os límites sonoros, xógaste unha multa.
Se lle queimas o coche a ese profesor que sempre te tivo atravesado, xógaste unha multa.
Se matas o teu veciño porque non te saúda no ascensor, xógaste unha multa, e o máis seguro uns aniños na sombra.
Pois ben, para variar, os venres nocturnos pasámolos embebéndonos e desfrutando dos licores alcólicos a pe de rúa, e non atopamos mellor sítio que o rompeolas (a todo isto, falando na Coruña), onde ondea a famosa "banderita" de "nuestro señor alcalde" (NOTA: está entrecomillado porque son palabras explicitas dun policía local, -con tono irónico, véxase- teño testigos, que quede claro xD). Certo é que dende que se izou ese trozo de tela anticonstitucional dos meus dedos non escribín nada, polo menos nesta páxina, pero os feitos "acaecidos" obríganme a que sexa neste preciso momento o tempo do meu manifesto (sei que estou escribindo como un empollón, pero me estou poñendo a tono, para que logo non digan que a xuventude non ten estudos).
Para os imberbes e incultos en materia "bebidas refrescantes, colocantes y alcolizantes", a inxesta deste tipo de líquido provoca no bebedor unhas ganas increíbeis de evacuar, é dicir, de ouriñar. Como por todos é sabido, cando te da o apretón, non podes remedialo, e buscas desesperadamente un lugar onde poder vaciar.
E agora vou ó tema. Iván, ex-colaborador desta "santísima" páxina, ouriñou no rompeolas, sen divisar o corpo da policía que se aproximaba a el. E deixando o tonito repugnante e falando serios, ¡onde coño se viu que alguén te mandara parar de mexar para poñerte unha multa!. Imaxinádevos a escena dun home mexando na rúa e alguén que lle di "¿Podría dejar de mear?". A ver, a todos se nos supón unha certa intelixencia innata, pero sempre dixen que os policías locais nunca foron moi espabilados (por algo son policías locais). E o peor de todo é, ¿que lle contestas a iso?. "Si mire, ya paro ahora, me hago un nudo en la punta de la p**** para que usted me pueda poner la multa a gusto".
Vamos a ver, que sempre pagamos os mesmos. Unha cousa é que teñas que cumprir as ordes que se che mandan -por outro lado ilóxicas moitas delas-, e outra que o fagas, porque realmente, cumpren as ordes que lles da a gana, con tal de foder o cidadán de a pé. Sempre pensei que tan inconstitucional é incumprir unha orde municipal como izar unha bandeira que, non por ser esa bandeira, é ilegal. E se multas a un home por mexar, non custodies unha bandeira que non quere ninguén e que non debería estar ahí. E aproveitando o meu estado de leve embriaguez -a verdade é que coñecéndome faríao tanto sobrio como ebrio, a miña radicalización a toda institución do governo herdeina da miña nai *esa mami!*-), acompañei o meu amigo xunto o policía local, para ter unha breve charla con el de todo isto anteriormente esposto.
Foi a súa palabra contra a miña, contra un policía local que cheiraba tempos antigos, represivos e totalitarios, asumindo que esos tempos pasados foron mellores. Eu topei cun local dereitón, e el topou con algo que non se esperaba, un mozo contestón e radical, pero sabendo sempre o que dicía.
A verdade, e todo hai que dicilo, foi unha vía de escape e unha excusa para protestar contra un antiestético e inconstitucional símbolo. Non vexo lóxico multar por mexar -pero as leis son as leis e hai que foderse-, como non é lóxico que unha patrulla policial custodie algo que non quere ninguén. Pero postos a multar porque os ouriños cheiran, multemos ós cans. E a refinería. E ós verquidos de Bens. Pero claro, iso non se sanciona.
E a conclusión de todo isto é que nunca hai que deixar de molestar. Se te van a poñer unha multa que cres ilóxica, protesta, mostra a túa disconformidade. A sanción tela que pagar igual, pero que saiban, e que o teñan claro, que non estamos de acordo.

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -