TÃtulo: Chegou o Nadal ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quinta-feira, dezembro 22, 2005
Sabes cando chega o Nadal, no mesmo momento en que un día 22 de decembro, co abrir do primeiro ollo, escoitas ós nenos cantar. Non vou dicir que o Nadal non me gusta, non son desos progres. É máis, a quen non lle gusta o Nadal? mirándoo detidamente estas datas tampouco están tan mal, é época de emborracharse, comer moito dulce, regalar e deixar que te regalen, qué máis podes pedir? A xente que che falta. É desos regalos que sempre pides e nunca os recibes, volver a ver á xente que sabes que nunca volverás a ver en vida. Como un neno pequeno queres escribir cartas pedindo que volva polo Nadal. Ata sentes ese esprito de pícaro, pensas que nestas datas todo é posibel... pero nunca ocorre. Nunca se escoita o abrir dunha porta, nunca che espertará de novo cun bico na testa, xa nunca sentirás o candor da súa man no teu ombro. Intentas non lembrar, pero todo cho recorda. E voto a vista atrás e estrano o ser neno e ilusionarme co papel de regalo e cos xoguetes que nunca pedira. Pero como ningún tempo pasado foi mellor, o presente tampouco ten que selo. Pero podo sentirme afortunado. Aínda que te vote de menos. Bo Nadal a todos.