TÃtulo: Un día que nunca debeu existir ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quinta-feira, novembro 24, 2005
O domingo pasado celebrábase o 30 aniversario da morte de Francisco Franco, gran dictador europeo do século XX. Pensávades que non ía postear nada sobre isto? estávades equivocados :P Que emoción encender a tele e ver fotos deste gran cabrón que nos fodeu a vida durante corenta anos. Pero o que máis gracia me facía era ver o "homenaxe" (¿Homenaxe? o próximo que será? homenaxear a gran labor que fixo Hitler a favor da raza branca matando tantos xudíos? claro...cinismo...) a este "insigne" personaxe e ver as caras de tanta xente nova co brazo en alto en cantando o cara el Sol. Vale que cando morreu Franco eu tan sequera nacera aínda, pero a miña memoria histórica impídeme apoiar a unha persoa atemorizante que firmou tantas sentencias de morte. Qué se cren esos pipiolos que o día anterior foron de botellón? que con Franco podían beber alcol nas rúas? que con Franco podían chegar a casa ás sete da mañá? que con Franco había unidade na súa "pátria" tan querida? España está dividida, e sempre o estivo. España non é unha nación, en España hai moitas nacións como lingoas existen, coa súa identidade e cultura propias. E a verdade, o que máis medo me da é que haxa xente da miña idade que clame polo regreso do dictador. É tan inconstitucional querer que Galiza sexa ceive como que alguén abogue por un asasino. Nós non matamos a ninguén, nós non dictamos sentencias de morte, nós non atemorizamos, nós non facemos do poder un arma destructiva para o propio lucro. E aínda temos que aguantar que os netos do "generalísimo" pidan dereitos. O voso avó pensou nos dereitos das persoas? o voso avó respectou a alguén? o voso avó comprendeu o clamor popular? Mirade atrás e mirade ó futuro. Dos erros se aprende e o pasado do país é todo un libro de escola. Temos que loitar porque non exista outro Franco, e ante todo, por unha España dos povos.