<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Educación e Igrexa ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, novembro 25, 2005
OOOhhh asustémonos jóvenes paganos, la Iglesia protesta!!
De pequeno, ensináronme a respectar, algo que sempre agradecerei. De pequeno, o meu avó ensinoume a que, ante todo, fose persoa, e que non me crera todo o que dicían nos libros. E a carta magna deste país, que algúns din que é unha, ensinoume que todo español ten o direito a un traballo digno e que España, pese a quen lle pese, é un estado onde a relixión é de livre escolleita e manifestación.
Viva a democracia, din algúns. E viva, por suposto.
Sempre dixen que a diferencia entre a clase obreira e a clase rica é que os traballadores comemos coas mans, e os burgueses, con garfo e coitelo. E na relixión pasa o mesmo.
Agora a Igrexa está de morros, quere que se lles recoñezan dereitos, mais que se cumpran os seus deberes. A cuestión de saber cal é a relixión adecuada é tan complicada de respostar como a de saber a orixe do mundo e de todo aquilo que coñecemos como non terreal. Pero a relixión cristiana, non o é.
Eu aprendín dos livros que o católico é aquel que respecta, pero o respecto non o aprendín así. Dos livros de relixión aprendes que tes que ser bo para ascender ó reino dos ceos, pero tamén aprendín, que non debo crer todo o que eles din.
E a Igrexa di que os paganos morreron no nome de Deus e que todo se basa nunha limpeza moral, que non podemos foder, e menos con condón, e que os gays son invertidos cerebrais e que todo o que sinten é vicio e non amor. E a Igrexa ensina que a familia importa, que un neno que se educa cun pai e cunha nai a ostias vai ser un neno san, e que un neno educado cun pai e cun pai, ou cunha nai e cunha nai que se queren, vai ser un neno rarito.
E da alma me sae o dicir que deixen de foder (sen condón :P), que do chiringuito xa sacaron moito diñeiro pero xa non da máis. Acabouse o tempo do medo, dos pactos co poder e do aproveitamento. A xente sabe ler; a xente pensa. A xente sinte.
Vós, católicos, queredes a vosa relixión obrigatoria nos colexios. ¿E qué é da carta magna? ¿Non podo profesar a miña relixión livremente sen que me impoñan unha dende o colexio? ¿Son menos persoa se non son católico? O que debería ser obrigatorio era unha asignatura de relixións do mundo, aprendelas todas, e escoller, non impoñer.
Pero o da manifestación livre da relixión neste estado é como o dereito a un traballo digno...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -