$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: ¿E ti de quen eres? ! !
Posteado por: Isra!
Data:
domingo, novembro 06, 2005
|
 |
Están por tódolos lados, a túa esquerda, a túa dereita... Non sei se algunha vez analizáchedes os especímenes, paisanos ou viandantes que vedes diariamente na rúa. Eu, o outro día, si (é o que ten esperar minutos e minutos a unha xente que entende por "Quedamos ás cinco" un "Quedamos ás cinco e vinte") Velaquí unha lista detallada dalgunhas destas clases sociais (sen ofender, claro está ;D):
-PIJOS: Depende da zona, abundan moitos ou poucos. Se realmente queredes ver pijos de verdade, podedes frecuentar a zona da Calle Real ou Catro Camiños. Na rúa Barcelona non abundan, pero para recoñecelos, adoitan levar pantalón de pinzas, camisa ou polo (o sea, se poden ser raiadas mellor que mellor sabes? xD)os homes; faldas "antes muerta que sencilla" e fulares as mulleres. Pero que non vos enganen, moitos son pijos de postalilla, sobretodo elas, que lucen e aparentan pero logo non deixan propina ós camareiros (que mo digan a min gggrrrr). Agora parece ser que se leva a moda nos pijos novos levar camisetas rosas, cada un coa súa moda ;)
Os pijos de noite: En Coruña, adóitalos atopar no Playa Club, Studio 80 e case nunca de botellón, por dios, son moi finos como para beber en vasos de plástico xD

-METALEROS Hai poucos, e bastante espallados pola cidade. Moitas veces metalero vai unido a Rolero, aquel que ama inventarse historias e xogar con muñequitos que eles mesmos pintan. Se ven a distancia, son como sombras, visten de negro, pantalón vaqueiro, botas, chupa e a poder ser camiseta de Saratoga, Blind Guardian ou calquer grupo metaleiro e, claro, a camiseta, negra, por suposto. Se queres verlle a cara terás que esperar a que unha ráfaga de vento lle aparte as melenas, e cando iso ocorre moitos levan unha barba con catro pelos en plan imberbe, bastante concentrada no que é bigote, mentón e patilla. Nunca vin un metaleiro obeso, a verdade é que penso que a tódolos obesos lles mola a salsa (música, digo xD). Case sempre escoitan música polos seus cascos, e non sei por qué pero controlan de ordenadores que te cajas.
Os metaleros de noite: De noite, como de día, se queres atopalos terás que frecuentar garitos estilo Bar Egeo, Rock&Roll, Tatra, privando garimbas e escoitando o heavy metal (nunca os atoparás en Club Coruña, Playa Club ou Novenove, é máis, cada vez que pasan diante dun desos locais lle saen granos polo corpo, pelo e se transforman en homes lobos sedientos de pijas xD)

-FRIKIS y/o/u/a/e/i ESOS QUE COÑECES DE VISTA E SÓ CHAMAS CANDO SE TE FODE O ORDENATA: Se alguén os ve, que me avise. Adoitan estar pegados á pantalla do seu ordenador, frikeando co MS-DOS e esas cousas que para a maioría dos mortais é chino. Deben ser os únicos que cando se lle peta o ordenata, non reinician. Son os descubridores do máis alá do Ctrl+Alt+Supr. En estética parécense bastante máis ós metaleros que os pijos xD co aliciente dos granos na cara, testa e corpo en xeral. E si, tamén son roleros, e por suposto, grandes descargadores de pornografía, nalgo teñen que pasar tantas horas.
Os frikis de noite: ¿Pero teñen vida nocturna? Si, é hora de revisar os vídeos pornos descargados durante o día. E se non están na casa, están "roleando" cos coleguitas e pasándose pelis de clase B, desas de moita sangue e pouco efecto especial. Son os chamados, "Cinco contra uno" (se alguén non o entende que mire o diccionario)

-OS IDEALISTAS: Son estos que en vez de levar bufandas levan trozos de tela brancas con puntitos negros, que elen chaman "palestinas" (jur). A maioría deles leron "El Capital" de Marx e as mochilas as levan petadas de chapitas coa cara do Che Guevara e pegatas da bandeira de España Federal (wee). Non se perden unha manifestación, son como os alumnos vagos que se volven radicais para faltar a clase, e se poden, fan algunha pintada do estilo "Limpa a túa cidade, mata a un facha" ou "Convierte cuatro paredes en un espacio abierto". Son moi amigos das extensións (véxase trenza ou rasta) e de levar patillas ata os pelos da... A verdade é que a este sector lle teño bastante cariño, será porque a maioría son de esquerdas :D
Os idealistas de noite: Ummm frecuentan garitos estilo "vengo aquí porque pienso", destos que cando pasas cheira a libro e nin de coña poñen reguetón (ou como coño se escriba xD)

-OS RETRO-IDEALISTAS: Que non vos enganen, son pijos camuflaos. Queren ser idealistas, iso si, se papá e mamá lles pagan os vaqueiros Levi's, que se afanan en rachar en sinal de "que way soy, estoy rompiendo unos Levi's de 10000 pelas, esto si que es ser radical, yeah!". Son retro porque a maioría se peinan como os Beatles e, para que mentir, tódalas noites se preguntan iso de "Si Franco era tan malo, por qué le votaban?". Non é por subestimar a súa intelixencia, pero o libro máis longo que leron foi... Iso, que son idealistas porque como a camiseta do Che lles queda tan ben, non debía ser un home tan malo.
Os retro-idealistas de noite: Como son pijos camuflaos, se xuntan todos no mesmo sitio, ou se non en festas privadas onde tes que cumplir uns certos requisitos para poder entrar...

E ata aquí podo ler, seguirei cun "¿E ti de quen eres? 2", porque aínda me quedan bastantes clases que poden dar moito jugo... (véxase kinitos ou bacalas). Repito, sen ánimo de ofender, porque acabo de reler o dos retro-idealistas e creo que me pasei un pelo... xD Se tendes algunha suxerencia ou algún especimen social que analizar, deixade os vosos comments ;)
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|