TÃtulo: Sobre a vida ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, outubro 25, 2005
Fai tempo que non falo da vida... A vida é algo que pasa e non volta atrás, a vida dache alegrías e penas; e de todas se aprende. A vida é inestabel e insegura; hoxe estás aqui, mañá ali; hoxe queres e mañá non, hoxe eres feliz e mañá te sintes a persoa máis infeliz do mundo. A vida se vive así e ninguén dixo q fora sinxelo. A vida é bonita, por que non? merece a pena vivila se sabes como e con quen; escoller quen te quere e querer como eles che queren; fixarse nos pequenos detalles, que son os que realmente importan e os que fan... a vida. A vida é algo que non planeas; nin podes aínda que queiras, porque os plans improvísanse, a medida que vives. A vida é algo polo que merece a pena loitar, porque só temos unha, se non cres na rencarnación da mente. A vida é unha gaiola, da que nos queremos liberar.