TÃtulo: O respeto a un militar ! !
Posteado por: TellaCeibe_Vos!
Data:
quinta-feira, setembro 01, 2005
Por Sául: Hai pouco faleceron compañeiros meus en afganistan, seguro que todos vos vistedelo en algun xornal ou na tv. Eu creo que a esos compañeiros mortos se lles deu un gran respeto por parte tanto da sociedade do goberno galego como do español, pero non por unha pequena parte da sociedade galega. Falo concretamente da organizacion AMI que tiran merda contra o exercito desde a súa páxina web. Estes "galegos" piden que non axa galegos no exercito o cal chaman mercenario por estar en afganistan, o curioso e que o que dín estes chavales de ami que son os que poñen as bombas en santiago e os que lles mandan unha carta bomba a un que kixo sair da súa organizacion, ¿quen fai o correcto o exercito que está colaborando por implantar a democracia nun país ou ami que onde ai democracia xeran violencia para derrubala? Tirar merda contra todo o que leve a bandeira española é facil pero antes mira o que fan por ti! Habia que recordarlles a esta xente que todas as forzas de seguridad do estado ou locais ou autonomicas traballan para eles e o que consiguen existindo é un estado de benestar, que tí poidas sair á rúa a comprar pan sen que che metan un tiro na cachola e che violen á muller despois. Ou como ocorreu recentemente que marrocos non ocupe territorio nacional. Porque os corpos de seguridade españois (incluo autonómicos e locais) velan pola túa seguridade.E poderase pedir a independencia pero recorda que ata o país máis pekeno ten corpos de seguridade e agora mesmo se escupes contra eles coma fan desde AMI estas escupindo cara arriba e terminarache caendo na cachola. Como último pra AMI, eu son galego e crieime con meus país que me ensinaron a escribir e a falar galego ¿que merda de idioma escribides vós na vosa paxina? Se queredes a independecia e falades así temos un pais veciño que e clavao pra vós. Polo que se ve, tedes moito tempo libre pa buscar palabras en portugués e adaptalas o galego. Gastade ese tempo en atopar solucións que axuden a Galiza e deixade de pintar a mona!!!
P.D:Perdoa por tardar tantu en poñelo Saúl, vemonos. De... Va!