TÃtulo: Un mes que non é nada ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sábado, agosto 27, 2005
Volvín... Canto tempo sen facer isto de deixar un anaco de min na rede... Pero volvo dividido. Dividido en dous, pois unha parte de min é da miña preciosa. Un mes que non é nada, un mes no que vivín, disfrutei, escoitei, rin, amei... Se algún de vós é da rúa Barcelona poida que se fixara nun banco de pedra onde se le escrito "Sam, tu me completas"... e a isto que podo dicir? que eres ti a peza que me faltaba, aquela que levaba tanto tempo esperando despois de probar unha mel que non era a miña, unha mel dunhas bocas envelenadas... pero despois de tanta procura xa non teño medo ó teu lado ;) porque como di a canción "Lo más lejos, a tu lado". E así chego, manifestando aquilo que me fai tan feliz. Agárdovos na próxima ;)