$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Finais Seis en la carretera ! !
Posteado por: Va!
Data:
sábado, agosto 20, 2005
|
 |
Perdoen, en realidade eramos sete, contando con Miconejitu. Como fosemos pola peaxe, foder, vaia paquete que nos ia caer. Enfin , que este fin de semana nos fomos (algúns, outros se foron de viaxe a Madrid) á miña aldea, Insúa, unha pequena aldea perto de Melide e a pouco menos de cinco minutos dun rio estupendo. Non pudemos ir esta vez á nosa querida Tella, máis que nada pola desfeita que deixamos a última vez :$. Enfin , que rimos, cantamos, xogamos ás cartas, voltamos a cantar (é que o singstar cunde moito nestas cousas), convivemos, descansamos da multitude e da família e... como sempre, chegou o tan temido final. Finais, como tantos finais que enchen estes dias a televisión e que nos deixarán con esa sensazón que deixan todos os finais. Acabou a temporada de 24, Dawson Crece comeza a sua 6º e última temporada, Perdidos gardará a sua esperada final para a semana próxima e ... como non, Buffy chegou ao seu Final a mediados do verán ;(. Por último, dicer que desde fai uns dias veño pensando en outro final que nunca crin que ocorreria e algo que dixo un dos "supostos" colaboradores o agrabou fai poucos dias mesmo. A páxina está demasiado estancada, o tagboard usa-se tan pouco que se riscou o pouco que escrebera, o foro... de verdade que algun de vós usastes o foro?, o chat foi unha boa idea,pero que nunca levamos a cabo, as visitas por dia non paran de baixar, e non me estraña, máis que nada porque pra que entrar nun blog para voltar a ler algo que se escrebeu fai mais dun mes, e como o noso Isra agora non ten internet vexo dificil que volte a publicar como antes (e se non o fai el...). Ademais, dos do princípio, xa nos abandonaron dous, Dani colabora con outra páxina na que publica cousas que eu me cansei de lle suplicar que publicará na nosa e a misteriosa desaparición, sen aviso algun de nengun tipo de Iriña que creo que agora ten un blog persoal próprio. A parte destas baixas, fican Iván, con un nº tan asombroso de publicazóns en case dous anos que Hannah (escritora que nos manda escritos para a sección Vós)xa supera en nº de publicazóns; e como non, a miña princesiña, que como non pode publicar porque ainda non chegou R á sua casa non pode participar na páxina e está a esperar a que iso ocorra para o facer . Asi pois, ficamos os dous de sempre, máis de meia vida xuntos e seguimos igual, Isra e Villa, os dous mataos , os que sempre chaman a todos, os que case-sempre moven á peña, e non sei se xa estou un pouquiño canso. Ademais, confeso-o, eu non son un bon blogueiro, non son capaz de escreber cousas dia tras dia, non son deses, como moito son dos que se lles ocorre unha cousa que poderia estar ben e despois a deixa a medias. Resumindo, se cadra chegase ese momento para outro final, quizais deberiamos colgar ese típico cartel de "Pechado por vacacións" ou simplemente colgar outro cartel igual pero sen o de "por vacacións"...
P.D: Canto tempo sen publicar. Isra VOLTA, se podes ;).
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|