TÃtulo: De San Xoan ou Tella comprimida... ! !
Posteado por: Va!
Data:
sábado, junho 25, 2005
Pois si, porque iso é o que é San Juan, unha Tella que dura unha sóa noite (ou se contamos tamén as batallas que acontecen ao ir buscar madeira) até pode durar un dia inteiro. Un grupo de xente que se reune para simplemente estar-conviver-(alguns)embebedar-se . En definitiva para evadirse da realidade que nos atrapa neste mundo... (como di o noso titulo) tan cruel por veces. Pero en realidade, é ese mesmo sentimento o que se nota no ambiente e fica -se-che cando todo xa acabou, o sentimento de (como xa dixo no seu momento o señor Smith): Máis, Quero máis, máis...
A parte de isto, vos comento un pouco como vai ir isto en verán: - Espero ter listo o de MundoTella moi pronto, e seguro que comeza neste verán, seguroseguro, pero de momento non podo pór data que entón me arrepento. - Xa subin as fotos de Tella 8, está vez as subin a un espazo msn e creo que está bastente ben o modo de apresentar as fotos, xa me diredes. - Tamén hai varios proxectos interesantes que nos abordaron e nos que comezamos há traballar (joer, que pofessional m´a quedao isto ;D), pero ainda non sei se poderei facer algo decente con eles polo que de momento non vou a dicer-vos nada de que tratan. - Por último, dicer-vos que xa está en marcha a versión en Español da Páxina á que podedes acceder calcando na bandeiriña de en riba de todo, ao lado do contador.
Espero que estas novas sexan do voso agrado e se tendes algunha proposta que facernos ou algunha critica,non dubidedes en manda-la o buzón, deica logo.