<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Eu ti... contigo comigo ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sábado, abril 16, 2005
Canto tempo sen sentir aquilo que sentín un día... aínda que dure un día, unha semana, un mes, tres anos, toda unha vida... e quero ser paxaro, voar ceive a prol do vento, deixarme levar; folla seca, corazón ardente que late, atura corazón latente, os golpes que te da a vida...
E quero ser estrela tardía, brillar con picardía, falar ás escuras coa lúa, facerte miña; soñar contigo, contigo estando comigo, contando contigo cantas veces te bicas comigo, comigo facendo contigo, contigo contacto con tacto comigo...
E quero ser cigarro, para consumirme entre os teus labios; quero ser políticamente incorrecto, fuxir da túa man do demo...
Estás cansa? Porque non paraches de dar voltas na miña cabeza...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -