<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Botellóns políticos ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, abril 12, 2005
Sinto caer a chuvia sobre min, sinto os meus pes mollados ó saltar as pozas... sinto a Galiza no meu ser...
Dun tempo a esta parte os botellóns (ou mellor dito, unha reunión de amigos nunha praza en torno a unhas botellas) estanse a converter en debates de Estado, porque sempre encontro a alguén disposto a falar de política, aínda que sexa borracho... se cadrá é só borracho cando falarían de política...
Que qué sentimento hai que ter para ser galego? preguntan, que qué sinto eu sendo galeguista?
O camiño máis curto sería dicir, sinto orgullo por pertencer a esta terra e todo o que representa...
Sinto orgullo por ver a chuviar caer, por ver a chuvia esvarar na fiestra, por ver verde e azul mar, por ver gris nube e noite estrelada, por falar, por escoitar a verba de castelao, por ulir, por probar; por camiñar por corredoiras infindas, por charlar co meu vello do tempo, da vida; por ver montes e montañas, por ver ríos e rías, por ver mariñeiro, labrego, tanza e fouce, nenos e nenas... sinto orgullo por pertencer a unha terra comunista, non imperialista; por falar a língoa que me peta e escoitar a quen me peta, por correr entre campos mollados, por durmir en vellas noites de orballo... por amar e ser amado...
Esta é o camiño máis longo, mais merece a pena. Se non son razóns de abondo, non pensarei que fracaso no meu pensamento, se non que hai xente que non entende o amor que levo dentro...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -