<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Estrela fugaz ! !
Posteado por: Isra!
Data:
domingo, fevereiro 06, 2005
Coma unha estrela fugaz, mais eu non puiden pedir desexo...
Mira, como se esfuma a luz incandescente na escuridade... escapa, escapa de min cando quero collela nas miñas mans... cal neno que quer ter estrelas nun peto rachado...
E quero facer poesía cas miñas mans mais as verbas desaparecen... onde están as palabras que procuro, quen roubou o meu sentimento e todo o que teño, todo o que tiña...
Ti, ánxo terreal... se viñeches do ceo matáchesme, se viviches na terra déchesme vida para logo roubarma... que máis da, se desaparecen cal estrela fugaz na escuridade da noite...
E falo ca lúa a soas, e bailo cas estrelas ás agochadas, e canto na noite polo sol que se achega no leste... a noite remata para un novo día, mais a escuridade é a mesma... rictus amargo do silenzo, rictus amargo da escuridade, rictus amargo da morte por amor...
E na miña tumba escribirei, que non hai morte sen razón se é por amor, e non me importa morrer se ti estás no ceo, aínda que vivir por verte é como morrer nas nubes...
E así escribo a miña historia por moi triste que pareza... e así escribo a miña vida coma un pesadelo que nunca cesa...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -