<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: A Constitución Europea ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, janeiro 18, 2005
Disque non recoñece ó galego coma língoa oficial, somentes as dos estados membros...
Disque un Estado pode opoñerse a un direito e, a pesares de estar toda a Unión de acordo, abondaría coa oposición dun só Estado para que non fose adiante (pola contra, en relación ás políticas económicas só abonda cunha maioría cualificada)
Disque para reforma-la constitución necesítase a unanimidade de toda a Unión, o que é case imposíbel e viola o maior dereito político do mundo, a democrácia
Disque está en contra das nacionalidades e dos povos fóra do marco dos estados membros...
Disque os cartos empregados para difundir e informar sobre a Constitución Europea ían dirixidos somentes a iso, a informar, e non a contratar a estrelas mediáticas e gastar o diñeiro en propaganda buscando un si no espectador e consumidor dos méios de comunicación... en realidade sabe alguén de que vai a constitución europea basándose unicamente no que ve na televisión, ouve na rádio ou le na prensa? Informar non é obrigar a dicir si, aínda que pareza o contrário...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -