$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|
|
|

|
TÃtulo: Sombras na escuridade ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sexta-feira, novembro 19, 2004
|
 |
Sons de pasos ó meu arredor... toc, toc, xa se achegan, xa veñen... correr é inútil, non te salvarás, toc toc, xa veñen, xa están aquí...
Así soa a fin na miña cabeza, o ruído duns zapatos ó camiñar, duns tacóns de muller e viúva negra que se achega a min, clac, toc, clac, toc,,, disparos de escopeta coa munición infinita que nunca cala mais non vexo nada, os meus ollos están cegados polas sombras na escuridade e polas bágoas, que caen, derraman, dos meus ollos vermellos polo chorar...
Quero espertar deste sono mais non podo, quero vivir de novo e sentir os meus músculos vivos e moverse coma antano facía, vivir a vida coma ti se a vives, carpe diem, sentirte miña, agarimarte, amarte, regalarte a lúa e as estrelas e enredalas ó teu cabelo, princesa miñ... toc, clac, toc, xa se achegan, xa veñen...
Xa non hai color nas rúas, xa non hai esperanza para o home, xa non hai razón pola que luitar, xa non hai pernas coas que correr, e escapar, xa non hai esprito que alimentar, xa non hai vida pola que morrer, nin ideal pola que matar se acalarnos é o que queren...
|
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|