TÃtulo: Rictus amargo do silenzo ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, novembro 23, 2004
O tempo da póla..
O tempo de ir contra o tempo...
O tempo da vida...
O templo da morte...
Rodeado e atado por ollos espreitantes... o rictus amargo do silenzo ó que temo e me sorrí, cal demo preparando a morte nun prato frío... non puiden correr, non puiden escapar, colléronme despois de anos e anos de fuga por rúas baleiras e escuras; fixen o que puiden, non me xulguedes por non poder escapar, era imposíbel... síntoo, síntoo; síntome coma a merda pisada dun can na beirarrúa...
Apúntanme con lume nos ollos e fouces nas mans; non lles vexo a cara, non lles vexo a sombra, son carapuchas negras e sorrisos brancos coma o marfil coma dixen un día... marfil de elefante que quer trabar carne, arrincala e cuspila, matar a vida dun ser sen esprito afogado nun sono...
Rictus amargo do silenzo... pregúntome se me matarán, se morrerei do medo... e entre os meus pantalóns o ouriño que esvara, quente, húmido e amarelo coma ríos de sangue vermella...
-Hahahaha- só escoito risas malévolas e asasinas ó meu arredor, o sorriso da morte e o bico de...