$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Os bonecos mercados ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quarta-feira, novembro 17, 2004
|
 |
E volvemos a falar do esprito, e voltamos a murmura-lo seu nome ó vento coma unha descoñecida... esprito? qué é esprito? podo vivir sen esprito? Esprito que non coñezo e non sinto, esprito que morre... e como falar de esprito se non sei o que é, ignorancia significa felicidade mais non sinto felicidade por que como sentila? como sentila se non sinto aquilo que sinten todos... Son un descoñecido para min mesmo, non me reflicto no espello, non me reflicto nas miñas verbas, non me reflicto en sombras; non sei se estou vivo ou no mundo dos mortos vivo; sombras, sombras que me persiguen a cada paso que dou, a cada sospiro que voto e suspiro sinto na miña caluga mais cando me dou a volta ¡ai! non hai nada, só sombras que me siguen e berran o meu nome... paranoia, doce paranoia na que vivo e non podo renunciar, pois xa forma parte de min...
Qué doce paranoia escura sentimento mortal... que alguén me explique a onde vou, que alguén me explique de onde veño, que alguén me explique que son aínda que non me importe, non o saiba ou non me lembre...
E vexo caras escuras que me espreitan, ósos que me siguen con carapuchas negras e fouces de man, tebras e sorriros de marfil coma o corno dun elefante, sombras e luces nun mundo de tolos onde o protagonista son eu, o tolo, o máis tolo de todos, o inimigo público número un a quen persiguen... e cantas veces me poideron matar, cantas veces me poideron cravar fouces no corazón e nos beizos, o frío bico da morte sulagada de sangue na miña boca...
As rúas están baleiras de xente, os focos apagados das farolas, as tendas pechadas e os bonecos mercados... non hai nenos, non hai homes, non hai mulleres, non hai vellos cuspindo nin os sons dos seus bastóns ó pegar no chan...só estou eu e as miñas sombras vestidas de carapuchas, correndo e escapando e agochándome sen respirar e sen alento...
É o clímax que me fai espertar, velo cara a cara e como o fouce me quer cravar, fitándome cos ollos ben abertos, o sorriso ben forte e a luz reflectida no espello...
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|