<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Confesións dun borracho ! !
Posteado por: Isra!
Data:
domingo, novembro 14, 2004
Non sei se é polo alcol que levo enriba que me fai dicir estas cousas...
Amor que matas e deixas vivir, amor que me matas máis que me fas vivir e me encadeas a duras cadeas de ferro irrompíbeis... ás veces gostaríame non estar aquí nin sentir o que sinto pero sinto algo que non podo controlar, que o home non pode controlar por máis que queira... e disque un cravo quita outro cravo e non é verdade, mentira, pura mentira que nos fai vivir nun engano, un placebo do home para curar as feridas do corazón e o desengano...
Alguén dixo que sen amor o home non era nada, que a vida era amor que buscamos e amor que non atopamos e ¡ai! cando o atopas, os sonos se fan realidade mais... se os sonos se fan realidade xa non vives pois os sonos son vida e se os consigues...
Non sei se é polo alcol que levo dentro que me fai dicir estas cousas...
E gostaríame vivir nunha chea continua, pois bébedo digo o que creo porque borrachos e nenos nunca minten... que ganas de dicir tantas cousas, que ganas de dicirLLE tantas cousas... de non calar o que levo dentro

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -