$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Anceios de libertá... ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quinta-feira, novembro 11, 2004
|
 |
Algo me doe no esprito, que me crava coitelos no corazón e me desanga, tan lento e paseniño, tan forte e pouco a pouco...
Algo me doe na ialma que non sinto, nin sinto nin oio nin late corazón aguanta, atura a dor que te mata e te revira, e perdes o teu ser se ser fuches algún día na escuridade que te amou e acunou... como non mirar o pasado se afecta a un presente condeado a repetilo...
Algo me doe no esprito, que me crava setes de espadas...
Algo me doe no peito e que levo dentro, sentimentos rompidos que a ninguén lle interesan; nin a min, nin a naide que coñeza pois ninguén pensa que sofro como o mundo que sofre a expensas duns que nos governan...
Aguanta corazón latente, atura e levántate sempre en luita, que ninguén te pare ata que te maten pois morto deixarás de loitar polo teu anceio de libertá... que ninguén pise nin cuspa o que amas, que ninguén te roube aquilo que é teu e só teu e nada máis que teu pois morto só serás livre no ceio se non podes ser en vida... quen quere a libertá? quen quere a dignidá? quen quere amor? quen quere paz? Quen quere ser mártir nun mundo de tolos, quen quere morrer por aquilo que ama, quen quere facerlle cara a unha sombra que mata, quen quere ser, simplemente ser sen pedir nada a cambio, sóio ser sen máis nen máis querer... pois a avaricia rompe o saco dos sonos que nos fai vivir e existir, porque de sonos existimos e por acadalos vivimos e ¡ai! cando se cumpren espertamos e morremos e non vivimos...
Algo me doe no esprito e me reventa o corazón... xa o escoito, xa o escoito later de novo... non, cala no meu interior... calma, completa calma que precede á morte...
Quen son eu, non o sei... a onde vou, non me importa... de onde veño, non me lembro... só sei que non son o que era, que o meu corpo se debilita a cada paso que dou, pois non sinto as pernas, non sinto os brazos, non sinto os teus beizos rozando os meus propios beizos... non sinto xa o meu coraçao no meu corpo, coma un intruso ladrón e rouba-sonos, cazador de sentimentos que escapa correndo pola ventá para non ser collido nin cazado...
Xa non me doe o esprito, pois non o sinto...
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|