<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Escribindo por escribir ! !
Posteado por: Pepe666!
Data:
sábado, outubro 30, 2004
Aquí estou, escribindo por escribir. Estou escribindo sen ter nada que dicir. Escribindo polo pracer de escribir. Escribir por escribir, sen motivo aparente, sen intención ningunha. Porque o escribir necesita dun motivo, dunha idea quea leve da man, que a axude no tema a tratar. E ter un tema é ter un motivo ou intención. Se tes un motivo, estás a escribir de algo, polo que non estarías escribindo por escribir. Aínda que se pode escribir polo puro pracer de darlle ás teclas ó chou, máis non creo que fose lexible, e entón non tería sentido, porque, de qué vale escribir se non cumple a súa tarea esencial de comunicar, algo, o que sexa, transmitir un pensamento ou un feito? Iso non sería escribir, iso sería emporcallar un documento de texto ou unha folla de papel. Nin sequera se lle podería chamar arte excepto se te chamas Picasso, claro). Non. O verdadeiro arte é o de escribir, escribir ben, escribir con sentidiño, escribir dende unha perspectiva que faga do escrito algo trascendental, algo sublime. E por qué non? Non pode o acto de escribir por escribir formar parte desa mostra de talento e convertirse nun arte? Non pode ser así? Tería que ser algo especial, algo sen sentido e sen interese en ningunha cousa en particular, algo que ó acabar o texto, dasche conta que nom che contou nada novo, que non sabes máis de tal tema ou tal outro, nin tampouco aprendiches nada nin cambiou a túa vida dunha forma drástica. Non. Só conseguíu deixarte cunha estraña sensación no corpo de que pasou algo, sen saber a ciencia certa o que foi. Algo ocorreu, e por muito que o volvas a ler seguirás na duda. Pero o sentemento perdura, e ti sabes que ese texto é, por decir dalgunha maneira, "raro", non o saberías explicar. Pero aínda que non valeu pra nada, queres ler máis, seguir lendo máis do mesmo estilo, ler textos que se escriben por escribir. Todo un arte.

 

|  Pepe666! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -