<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: A contracorrente ! !
Posteado por: Isra!
Data:
terça-feira, outubro 26, 2004
Ás veces creo que nado a contracorrente...
Pregunteime se alguén algunha vez nalgún recóndito lugar dunha terra bravú chamada Galiza visitaba tellaceibe, e se en realidade o facía porque lle gostaba, ou se só o facía porque alguén lle recomendou a páxina para facelo calar... algunha vez me preguntei se alguén lle interesan as nosas penas... algunha vez me preguntei...
E agora só necesito respirar cando chove en min... cando as miñas roupas pesan e me sobran cando corro hacia ti, tan lonxe de aquí onde te espero... e ó final do camiño só quedarei eu porque ti, ¡ai! ti... ti non estarás alí ó final do camiño para esperarme, marcharás... e me deixarás só, tan só co frío e as estrelas agarimosas da lúa que rí, ás agochadas de min e me sinala...
Ás veces creo que corro contra a xente...
E agora penso qué sentido teñen as miñas palabras na miña boca, se falo por falar ou non falo porque calo, ou se calo porque calo ou se falo porque falo ou máis me valería falar en vez de calar ou viceversa...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -