<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Xa!! ! !
Posteado por: Va!
Data:
sexta-feira, setembro 03, 2004
Xa!. Por fin rematei os exames. E non hai mellor pra inspirarse e pensar no que poderías postear,que non poder face-lo e ter que estudar. Así que estes días tiven millóns de ideas pra poñer en millóns de posts.
Agora que me poño a escribir borraronseme case que todas pero algunhas se conservan.
Pensei nun novo pasatempo pra pasar un ratiño. Crear unha serie de E se... ou tamén chamados "Que pasaría se...". O truco consiste en pensar en aqueles momentos nos que algunha decisión cambiou a túa vida e inventar que podería pasar se en vez de esa opción escolleras outra. Tamén pode servir calquera cousa máis trivial e inventar que pasaría se fixerades outra cousa.
Para que cada quen non invente demasiado en positivo ou neghativo as súas vidas, tamén pensei que sería mellor que cada quen faga o E se... elixindo entre os restantes colaboradores restantes. E para os lectores que non sexan colaboradores, podedes deixar os vosos E se... do tema que sexa e cos protagonistas que desexedes, nos distintos apartados que temos para nos comunicar con vós, nos comentarios, no Tag ou no buzón (e posibbelmente moi pronto no chat).
Por poñer un exemplo:

E se… Isra non tivera unha casiña en Tella, carreteira AC-422 Km ?.
Ao non ter lugar pra pasar uns días Isra volvese moi reservado e vai deixando de ter amigos. Sen contacto humano e afastado da vonvivencia grupal, a idea de ter Internet perde forza pra el e decide quitarse do contrato con telefonica... ou R... ou o carallo que teña contratado. Sen acceso a Internet, a non ser en contadas ocasións nalgún ciber pra basicamente visionado de contido pronográfico, Isra vai pasando os días e os meses. Pasa o 9 de setembro do 2003 e segue igoal, sen facer nada, xa fai moito que perdeu as súas ideas nacionalistas activas e non hai nada que o motive. Faise católico e cura, ante a imposibilidade de admiti-lo seu problema frente as mulleres, e ante todas as persoas. Bebe, fuma e pervirtese, coma case-todos os curas. Morre de cancer e o seu funeral só asiste unha persoa. Unha persoa que nunca lle deu a espalda, unha persoa que loitou por que non seguirá ese camiño, unha persoa que todos coñecen como Mou.
Por suposto nunca empezou nada ningún setembro de ningún ano e nunca logrou ter 115 de nada. E evidentemente, nunca nunca decidiu comezar unha páxina cun amigo. Por iso, esta páxina nunca viu a luz e este post nunca existiu.

 

|  Va! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -