TÃtulo: Un baúl nun caixón ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quarta-feira, setembro 22, 2004
Un caixón no fondo do corazón, para agochar todas esas palabras que nunca che digo...
E nese caixón un baúl cunha chave que lanzaría ó mar, e ese mar tan profundo coma os sentimentos que sinto hacia ti... e eses sentimentos gardalos nese caixón no corazón e dentro dese caixón un baúl cunha chave que lanzaría ó mar sen saber dela...
Sen saber esas palabras que nunca che digo pois como sabelas, se a chave se perdeu no mar profundo das miñas bágoas... esas bágoas que choro por ti por ese sentimento que sinto gardados nun caixón dentro dun baúl que non se pode abrir, pois a chave...
Como poidera vivir sen ti, como poidera calmar esta aflición... sinto que afogo no mar profundo buscando esa chave do baúl do caixón no fondo do meu corazón... para qué... para dicirche esas palabras que nunca che digo, ese sentimento que sinto hacia ti...
Como poidera vivir o peixe sen auga, como poidera vivir a flor sen terra... como poidera vivir sen ti, sen dicirche o meu sentimento agochado, sen dicirche palabras que nunca che digo, palabras esquecidas no baúl do último caixón, sen chave...
Como poidera ser mar e río, como poidera ser ceo e nube... como quixera murmuriarte ó oído, cantarche historias de amor onde o protagonista non son eu... como quixera ser eu o protagonista dos teus sonos, como quixera matar esta canción...
Como quixera berrarche o que digo, palabras agochadas no fondo do meu corazón, no baúl do último caixón e ¡ai!, cando busco esa chave... desapareceu no mar profundo da miña desesperación...
Como quixera, como quixera matar esta canción...