$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|
|
|

|
TÃtulo: Nostalxia ! !
Posteado por: Isra!
Data:
domingo, setembro 12, 2004
|
 |
Como pasa o tempo... daste conta cando te ves no espello unha enruga máis na túa cara... uns que se veñen, outros que se van... e pesa, pesa no corazón cando alguén marcha, porque sabes que é irremprazabel, e máis se é un amigo...
Parecía onte cando me copiaba nos exames de inglés, cando faciamos de celestinos o un do outro, cando escoitaba as súas historias interminábeis que,,, como lembrarme do principio cando remataba? Nostalxia, nostalxia daqueles momentos que sei que non volverán e se volven, será dentro de moito tempo...
Porque o tempo non pasa en balde... facémonos maiores, maduramos - uns máis ca outros e outros aínda non maduraron :P - e facemos a nosa vida como queremos, cando moitas veces iso mesmo significa renunciar a moitas cousas. Non ver á familia, non ver a esos amigos da infancia cos que levas tantos anos e tantas cousas por contar... escribir mil livros e non parar ata chorar...
Lémbrome das tardes de parvulario, lémbrome das excursións, lémbrome das yinkanas, lémbrome desos venres dando voltas pola rúa barcelona sen cansarnos, lémbrome de tantas confesións, de tantos segredos, de tantas despedidas, tantas amargas despedidas... e aquí seguimos, sendo os mesmos sen cambiar, quedando coma sempre e votando en falta aqueles que xa non están...
Podería contar mil historias de cando eramos nenos, como cando Óscar me dixo que Va! quería ir comigo na excursión con sete anos - ahí se forxou unha amizade ;) -, de cando ía xogar a súa casa á PlayStation 1, que era a envexa de todos - canto pasou xa -, de cando xogabamos xuntos nas yinkanas do colexio - o árbitro estaba comprado! :P -, de cando faciamos Iriña e máis eu de Peter Pan e Campanilla cos mandilóns de Plástica, de cando subía con Moe para casa, con Caño, con Diego, con Va!, con Iván... de cando Itziar en segundo da E.S.O. e sen coñecela de nada me pegou un cobadazo e non pediu perdón - maleducada! :P - e mirádenos agora, amigos inseparábeis... das interminábeis partidas coa Nintendo en casa de Cañás, os primeiros porros con Jose, as malas impresións que se levou Nati de min o primeiro día de coñecerme pero, Nati, xa che teño dito que non te fies das primeiras impresións :P... do día que coñecimos a Leti, á princesiña, dos primeiros tokes co pive, das partidas ó Medal of Honor con Borjita - temos que acabar o xogo eh :P -, das batallitas de Penas... Somos tantos e tantas cousas que contar...
E aquí estamos, cambiando co paso do tempo pero sendo os mesmos no fondo, pero agora xa non estará un con nós, alguén que vai facer realidade os seus sonos lonxe de aquí... Penas, ensínalles ós madrileños a rabia galega, e nunca te esquezas nós ;)
P.D.: Este post é para a pandilla en concreto, pois eles entenderán mellor ca ninguén o que estou a dicir ;)
|
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|