Síntome adurmiñado, anestesiado.
É o que ten ver á princesa dos teus sonos diante de ti despois de tanto tempo... unha aperta, si, para qué quero máis? por qué quero máis? Ata notei que se puxo vermella coma un tomate, o mesmo que me pasou a min... que nervos, ais ais, que nervos, que nervos...
De qué falabamos? non me preguntedes, non atendía, asentía "si si claro"... aposto a que me rouban a carteira e non me entero, éche o que ten o amor, que é cego, ou iso din, mais non me importa ser cego se vexo cousas coma ela...
Acabo de espertar dun sono, ou iso creo...
"Estou enconado, nin como nin cajo, nin probo bocado... canto che quero eu"
Acabo de espertar dun sono, ou iso creo...