<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: E se... Va! aprobase bacharelato á primeira. ! !
Posteado por: Isra!
Data:
sábado, setembro 04, 2004
Ao aprobar á primeira a súa média sería espectacular, o que lle permitiría entrar en calquera carreira. Faría enxeñería industrial en Ferrol, algo que nunca lle chamou a atención pero co que sabía que gañaría moito diñeiro. E gañou, acabou a carreira e pronto atopou un traballo que lle permitía facer nada e cobrar moito por iso. Tódolos seus sonos fixéronse realidade, casou coa súa princesiña e mercaron unha casa na serra, tiveron centos de fillos e un can chamado Caño. Pero é o que ten o diñeiro, converteuse nunha persoa orgullosa e fixo algo que pensaba que nunca ía facer: miraba por enriba do ombro a todos aqueles que lle rodeaban, facéndose máis solitario cada día e volvéndose agresivo cando non conseguía o que quería. Inaugurou unha casa de Playboy e rodeouse das rapazas máis fermosas, que paseaban en coiros todo o día polo xardín, algo que non lle agradaba a súa princesiña. Divorciáronse e Va! quedouse con tódalas súas rapazas Playmates que só estaban con el polos seus cartos, aínda que el pensaba que estaban con el por amor. Fai campañas anti-droga na televisión, ía de festa en festa co seu amigo Maradona e non sabía o que era durmir polas noites. Entra nun reality-show con tódolos magnates do país e sae o primeiro, no mesmo momento en que a súa empresa quebra e o seu império se desmorona. Nese instante reacciona e volve a ser o Va! de sempre, pero xa todos lle deran a espalda, as súas playmates renegaban del, Maradona atopara outro magnate para as festas - Iván - e a súa princesiña atopara outro home con quen casar. Os seus amigos vivían en paraísos fiscais grácias ós cartos que lograran roubarlle a Va!, pero o único que se mantivo fiel foi... Moe. Grácias a ZP, os homosexuais lograron o dereito a casar, e Va! coñeceu a un home na cola do paro, co que deu o "Sí quero" e o único que foi á voda foi Moe, cheo de celos pois el vira primeiro ó marido de Va!. Acabou morrendo en soidade, e ninguén máis se lembraría del...

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -