<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Polos opostos ! !
Posteado por: Isra!
Data:
quinta-feira, agosto 26, 2004
Ás veces non sei para qué vale tanto esforzo...
Porque si, porque na vida hai que esforzarse, e se algo queres algo che custa...
Pero para qué? para que chegue alguén e mande á merda todo o teu traballo, para que non valore o q estás facendo...
Así pensan os que nunca gañan nada, hai que mirar adiante sen mirar atrás, sen ver quen ven detrás... centrarse no dun mesmo e loitar por esa meta...
Pero ti de qué falas? se formas parte dunha mesma persoa... como non mirar atrás se che están pisando os talóns? se caes cada dous por tres porque non xoga limpo...
Pois se non xoga limpo xoga ti, limpo... non te convirtas nun como ese que che pisa os talóns... loita por ela, pois dos bos e honrados será o mundo dos ceos e...
Non me veñas con dogmas nin lerias metafísicas... ahí tes a toalla, o único que tes que facer é tirala e fóra preocupacións, non cres? as cousas son máis sinxelas do que pensas, o que pasa é que non fas máis que complicarte a vida...
Dos covardes nunca se escribiu nada, queres que non se escriba nada de ti?
Para qué queres que se escriba de ti se total nunca o vas ler? é máis, ninguén o vai ler, ninguén le, quen le? les ti? eu non, e ti?
Tes que correr, escápaseche, estáseche escapando a cada minuto que pasa... cando te des conta será xa demasiado tarde...
Xa se che escapou fai tempo, se corres cansaraste, e ese cansazo será en balde, porque nunca a darás alcanzado por moito que corras...

Por cortesía de: Anxo de Isra & Demo de Isra (quen é quen?)

 

|  Isra! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -