<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Unha curiosidade para un post curioso ( o 101). ! !
Posteado por: Va!
Data:
domingo, julho 04, 2004
Pois si, son eu, Va!. Xa sei que non posteo moito, máis case que nadiña, pero é que atopei unha curiosidade que necesitaba compartire.
O que imos, fai uns días o *#p+ do meu irmán instalou un programa disos que controlan a seguridade da información e a chegada de virus o teu ordenador e todo iso. Pois ben, cal será a miña sorpresa cando vou entrar na conta blogger de tellaceibe e de súpeto abreseme esta fiestra

¬¬
Pois si, activouse o sistema de seguridade fronte a unha páxina con contido clasificado como --> racismo e intolerancia 0_o (si home si, e o noso lema) (estivemos a piques de poñerlle ese sobretitulo á páxina: "TellaCeibe a páxina do racismo e a intolerancia" pero despois optamos polo de "O noso pequeno recuncho neste mundo tan cruel por veces" que cousas,non. E porque considerou o programa iso, pois ben, nom é por sinalar pero creo que FOI CULPA DE ISRA, ghighi, senom haber quen ten dito cousas como "puto Lorenzo" "putos burgueses" "coño" ou "corrompe".
Pois sigo, unha vez esperto do forte transtorno mental momentaneaneo sufrido por este trance intentei abrir a propia páxina de htpp://tellaceibe.tk pero ,como nom, surxiu outra fiestra

Parece que agora pasamos de ser racistas e intolerantes a ofrecer contido clasificado como--> SEXO O_0. Razóns: as mesmas palabras de antes engadindo "chochaban" que nom, nom está empregado coma vos creedes, mentes perversas... iso si, A CULPA SIGUE SENDO DE ISRA.
O único que me agradou e a clasificación por idade que fixo o programiña "Contenido apropiado para adolescentes alrededor de 19 años" deu xusto no cravo.
Pois nada máis, asi que xa sabedes seguide visitando a páxina e dicidello a todos os vosos amigos adolescentes, dicidelle que existe unha páxina en internet que ofrece sexo, que é racista cos astros, que está escrita en galego (normativo ou nom) e que é apropiada especialmente para adolescentes.
Que nom o dicimos nós, que está comprobado cientificamente ;P.

De: Va!

 

|  Va! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -