<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Publicidade na rúa. ! !
Posteado por: Va!
Data:
quinta-feira, julho 08, 2004
Ollade o que un se pode atopar paseando pola rua *barcelona*, me surprendeu tanta a e á miña princesa que dixen postea-lo.

"Profesor Shefiro" O_0 (e este quen é?).Pois ben, é un "Grande ilustre vidente africano" ou a caso non o coñecedes? ghighi. Pois vós vo-lo perdedes porque é a caña. Pode-che axudar a solucionar calquera problema "NON HAY PROBLEMA SIN SOLUCIÓN".


Xa sexa unha "enfermidade de tipo crónico, xudicial ou matrimonial", si si, calquera tipo de enfermidade e todo o mundo sabe que as enfermidades matrimoniais poden ser fatais, todos os médicos o din.

É o mellor e máis rápido, todos o saben, pero non é só polos seus próprios logros, el é o mellor porque traballa cos mellores "Él tiene los espíritos mágicos más rápidos que existen".

Ademáis inclue un servizo co que podes voltar a ter o que máis desexas "Recuperación de pareja en 7 dias". Poderás recuperar todas aquelas parellas que che fixeron feliz fai tempo como Pedro&Bilma, Lois&Clark, Le&Va!, Mulder&Scully, etc... e en tan só 7 dias,si si (como non recebas unha figuriña de cada, outra cousa, me dá ao meu que non..ghagha).

"Grande Ilustre vidente africano con rapidez, eficacia y garantía"( Aqui eu me pergunto: garantía de que? será como cando mercas un ordenador 'Garantía de dous anos'. O Shefiro este cando remate de facer o que a saber que coño fai, che dará o teu correspondente recibo valido durante dous anos, como di a de sete vistas no anuncio, non? É a garantía de todos os servizos. Pero bon, iso dá o mesmo porque total está "100%garantido" óusexa que non hai problema.
Joer, "100%garantido" iso nen os preservativos nen os medicamentos que sempre poñen un 99,9% por se pasa algo inesperado algunha vez, pero isto é moito mais seguro, onde vai a parar ¬¬.

En conclusión se tes algún tipo de problema xa sabes: enfermidade matrimonial, queres recuperar aquela parella da túa infáncia ou simplemente chegas tarde e queres que os seus espirtus máxicos che leven rápidamente a onde queiras, lembra "Profesos Shefiro".

Se estades interesados nos seus servizos só tedes que marcar o número que aparece embaixo, pode que non se vexa ben, xa que a foto non ten moi boa calidade ;).

Escrito por: Va!

Traducido con Taiga

 

|  Va! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -