<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Berrando ó infinito ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, julho 21, 2004
Vouvos confiar un segredo...
Ocorreuvos algunha vez que unha canción non fai máis que recordarvos a unha persoa, pero que eres incapaz de non escoitala? De tirar pedras ó río é q só afundan sen rebotar... de querer coller as estrelas e non chegar... que ela sexa a túa guía e a perdas... e ti desaparecer nas tebras buscándoa...
Berrar ó infinito e que non haxa, infinito e só fin...que só poidas falar utilizando metáforas cando en realidade o que queres dicir é que só ves a súa cara onde mires, que te persigue aínda pechados os ollos, que te vixía a cada paso que das, a cada sospiro que votas... que só pensas nela e só necesitas a súa presenza para vivir, nada máis que iso, a súa presenza...pero non a tes e a procuras, perdéndote cada vez máis en ti mesmo e ¡ai!, cando espertas...
 
P.D.: 2ª persoa de singular...
 
De: Pitiño

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -