<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Unha e non máis... ! !
Posteado por: !
Data:
segunda-feira, junho 21, 2004
Si, recoñézoo e arrepíntome, pero foi con descoñecemento...
Iso pásanos por confiaos...
En cuestión, o venres saímos polo orzán - para variar vamo... - e sobre as tres da madrugada, despois de dar voltas como uns tolos buscando algo de marcha... - que pasa, que vos reservades para San Xoan?? :P - nos atopamos con Luís, un rasta que viña connosco ó colexio, e que facía moito tempo que non viamos...
Luís: "Venga troncos, que tengo pases para una fiesta privada en el playa"
Nós: "Buff no sé, que mañana hay que madrugar (ja!), nos pillas fatal"
Total, que caímos como moscas cando escoitamos a palabra clave "chicas", e máis se vai acompañado de "chicas, muchas chicas"...
Ben, nos montamos no seu coche mentres, coma non, imos escoitando reggae e chegamos ó sitio en cuestión - para quen non coñeza ó "Playa Club", é un garito de pijos hijitos de mamá, pero vamos, que eu me esperaba outra cousa, outro rollo...- que !OH SORPRESA!, as miñas especulacións estaban confirmadas...
Vale que non houbera moito ambiente, vale que a música non daba moito de si... pero na miña vida o pasara tan mal, rodeado de "hijitos de papá" que se van de alternativos cando viven a conta do pai que lle paga os dockers, os lacoste e a chaqueta último berro "Tommy Hilfiger" - ou como cojones se escriba -
Si, seguro que os víchedes moitas veces pola rúa, porque son calcomanías... e os pijos alternativos, que se van de "bu mola tío ser jippi, yo me las gozo fumando la maría que me paga papá sin que el lo sepa mientras fardo de lacoste que me compra mi mamá y me racho los levi's de 70 euros para parecer pobre y así dar el pego..."
Si, snobs elitistas que non saben o que é gañarse a vida nin canto custa nin o suor que se ten que derramar... esa mesma xente que ó meu entender son os que máis critican por escala social, os que non se misturan coa xente da rúa porque, "Para qué? para ensuciarme?"... os que máis reivindican e os que máis violan esos ideais que defenden...
E si, confésoo, eu estiven entre eles durante unha hora - non aguantaba máis, son débil, non quería transformarme nun deles e traizoar os meus venerados principios - i é duro, moi duro...

De: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -