TÃtulo: Se acabó lo que se daba :D ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, junho 16, 2004
Boeno, a día de hoxe podo dicir que só me queda un exame para rematar!! a verdade é que xa fixen o exame que máis me preocupaba - esperemos que con satisfactório resultado ;) - e o de mañá... pan comido!! - esperemos :S -.
E que toca a partir de agora?? pois non parar na casa!! saír saír e saír o que non saín esta última semana :S ... aiss que aburridos son os sábados pola noite estudando :S.
E claro, como non, tocará currar a médias porque San Xoan está aquí ó lado e por experiencia de anos anteriores, a madeira non se recolle soa xD así que, tocará ir de obreiros de obra en obra a ver se podemos pillar algún palé...
Aisss San Xoan!! non é unha das mellores noites?? para min chi que o é, iso de estar cos colegas na praia toda a noite bebendo, bailando, rindo, falando... teno todo... a pena é que só sexa unha vez ó ano, pero se cadra esa é a verdadeira máxia do San Xoan ;)
Nós xa levamos vários anos celebrándoo no Orzán, e a verdade é que non nos cansamos de celebralo... a un mes e pico de San Xoan xa estamos falando dos preparativos e do que mola e do que temos pensado facer... aínda que boeno, este ano propuxeron irnos á finca dalgún de nós pero... como que non, creo que xa é unha tradición da pandilla celebralo no Orzán, ademáis, que sempre ves a mazo peña coñecida e moooooi cocida xD
Pois iso, que terei que repasar algo o exame, que só non se aproba :O - máis quixera...-