TÃtulo: Non programar máis de 6 horas seguidas... ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, junho 13, 2004
Estudando un dase conta de cousas que cría que non existían, ou cousas que só existen cando un estuda... porque claro, cando un se promete a sí mesmo que si, que hoxe se vai a poñer a chapar todo o que non chapou na súa vida sucede todo o contrário... senón, dádevos conta do sinxelo que é que calquera cousa nos distraia cando nos poñemos a chapar... porque eu non sabía que debaixo do meu escritório había unha firma dun tal "Jose Manuel"... :S... será algo parecido á película "Frequency" e alguén que usou esa mesa fai moitos anos está intentando contactar comigo?? pero claro, como descubre un que un tal Jose Manuel lle firmou baixo a mesa?? pois nada, collendo o tocho de apuntes e programas de Programación,,, "poñerme a estudar?? vamos a ver o que hai debaixo da mesa..." ... xógome dez euros a que despois dos exames a firma desaparecerá como por arte de máxia...
E como saber que a veciña do noveno espreita pola ventá?? sinxelo, iso sábese poñéndose un a estudar FOL; a mirada váiseche a ningures menos ó libro, cando descubres que unha chavalita mona con complexo de francotiradora te apunta coa mirada... :S... terá algo que ver con Jose Manuel??
Desculpade as idas de olla, isto pásame por programar de máis... porque claro, isto de programar é como as regras dos gremlins... non dar de comer despois das doce, non bañar... non programar máis de seis horas seguidas... vedes?? outra ida de olla,,, si ej que...