<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: De Sol asasino e pezóns queimados... ! !
Posteado por: !
Data:
sábado, junho 05, 2004
Puto Lorenzo que me matas!
Torradiño estou polo maldito Sol agg!! pero weno, non son o único que a Josiño tamén lle chegou...
Inaudito, son as tres e pico da mañá dun venres e acabamos de chegar a casa... a verdade é que non podiamos cos ombros, é o que ten unha exposición solar dende as doce e cuarto da mañá ata as oito e media :S (brutiños!)
Esta noite foi a médias, e iso que acabo de cumprir 19 anos!! plas plas!! grácias a todos os que me felicitáchedes (aínda que algunha pense que non llas din... en fins) e os que quedan aínda por felicitarme :D jus, que rápido pasa o tempo, parecía onte cando me cambiaba de pañais... (si, sempre fun moi autosificiente jaja :P)
A verdade é que houbo venres mellores, eu non sei se foi porque había pouca cousa ou porque a música raiaba que non vexas... éche o que ten o orzán, é un mundo por descubrir, pódelo pasar de p*** madre un día e outro... en fin, que eu quería ir ó Tumor pero nada!! :P!!
Sabedes ese sentimento de non sentir os pezóns?? -"valga la rebundancia"- vouvos confesar un segredo... o xoves déuseme a tolería de depilarme o peito cunha crema onde no prospecto poñía: "no acercar a los pezones"... pero nada, "mamá, ti vota que malo será, se pica xa rasco"... e oye, a crema "mano" de santo, quitou os pelos coma se nada pero tiven que pagar un prezo demasiado caro... QUEIMEI O PEZÓN DEREITO!!!! dio, parece unha espinilla a piques de rebentar con motitas marróns... e cada vez que me tocan na zona, vexo as estrelas... entre os ombros e os pezóns non dou a vasto, pero iso sí, teño o peito como o cuíño dun beibi :D!! Como lucín estos días na praia!! :P!!
Que me despido, porque o estómago pide cousa sólida, despois do líquido alcólico que bebín esta noite ;)

De: Isra perto do 2...

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -