TÃtulo: Xuño = Exames ¬¬ ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, maio 23, 2004
Jo que merda!
Pois nada, estos días toca atrape polos exames... co pouco que me mola a min quedarme na casa ¬¬!
O pior de todo é ver como os meus colegas van á praia para desfrutar do calor - que tamén é putada que sempre que chega xuño e hai que poñerse a estudar fai un solete da otia :_( - mentras eu ou vou a clase ou quedo na casa a chapar... Mesmamente, o mércores pasado me chaman ás tres e media para ir a praia, cun Sol que flipas i eu saíndo pola porta para clase... ¬¬
Pero weno, tampouco o levo tan mal - despois de catro intentos fallidos de suicídio unha de dúas, ou aínda teño un papel fundamental que realizar no mundo e por iso algo ou alguén impide que morra, ou en realidade hai esperanzas :P - que de catro asignaturas que teño xa aprobei dúas pero "curiosamente" as dúas que me faltan son as máis fodidas (!coincidéncia! ¬¬).
É a que me queda a partires de agora, a programar como un campión e así de escaqueo's me conecto ó msn a ver se hai alguén :P!
O malo é que o 25 temos que presentar un traballo e para variar o meu grupo é o máis barandas de todos jaja o que supón que estos días estamos ata os webs do traballo... razón? deixalo ata última hora... pero a culpa nom é nosa, iso pasa porque temos o msn na clase, internet... aiss, é que así calquera se pon a facer o traballo!
Boeno, volvo ó meu retiro espiritual cos meus libros!! PUAJ!!
De: Isra desexando acabar os exames e saír de festa dunha p*** vez