TÃtulo: Vivindo nunha puta utopía... ! !
Posteado por: !
Data:
segunda-feira, maio 10, 2004
Algunha vez tivéchedes ese sentimento de querer alcanzar algo e nom poder, por moito que o intentarades? De querer coller a lúa, estirar os brazos pero saber que é inútil, que nunca chegarás polos teus próprios médios... querer voar e nom poder e morrer no intento...
Pois algo me ocorre a min, que quero coller a lúa pero nom chego e morro ó intentar voar... quero facer algo mais sei que nom podo e afogo no meu vaso de cristal...
Puaj!! saber que unha rapaza está a un nivel superior que o teu... como se xoga o Deportivo contra o Leganés, un rico e un probe, unha dama e un vagabundo... " nunca poderás lograr a túa meta por moito que o intentes, esquécete, esquécete... " penso...
¿Utopía? non sei, pero foi o mellor título que encontrei... mais tampouco é unha utopía, porque sigo intentando cando nom existe esperanza, tan só a vida...
De: Isra
P.D.: Por certo? queredes saber que é aquilo que nom podo conseguir...?