$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Non somos naide ! !
Posteado por: !
Data:
terça-feira, maio 25, 2004
|
 |
Cando te das conta a xente que queres desaparece, de súpeto e sen dicir nada...
E pior se é un amig@, un moz@, un pai... podes enfadarte cun amigo, estar de morros uns días pero sabes que tes o seu número de teléfono, e cando queiras lle podes pegar un toque e dicirlle: "oye, que lo siento...",,, podes cabrearte coa túa moza porque quedáchedes a menos dez e chegou a e media pero sabes onde vive e que coño, te pasas arrepentido a timbrarlle e lle dis: "que no pasó nada, yo también llegué tarde la última vez...",,, podes ter unha discusión cos teus pais á hora de comer polos estudos, pero sempre están ahí para ti e para que lles poidas dicir: "que si mamá, que me aplico de verdad, no te preocupes...".
Pero o malo é cando sabes que é definitivo e nom hai volta atrás, e xa nunca lle poderás dicir un "lo siento por esto...", "lo siento por aquello...", arrepentirte polo mal feito no pasado... mais hai que mirar ó frente porque Jorge, sabes que todos estamos aquí para darte unha aperta sempre que o necesites, para tenderte unha man antes de que caias ou se calquer día necesitas desafogarte a gusto, que para iso estamos os amigos, para estar contigo tanto nos bos, que é o fácil, como nos malos momentos, que é cando debemos dar a cara, e a daremos por ti e contigo. Porque nunca poderemos suplantar a ninguén pero si que podemos intentar facerche o trago menos amargo, intentar facerte a vida máis levadeira para nunca abandonarte...
De: Tellaceibe
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|