$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Falsa solidaridade ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, maio 30, 2004
|
 |
Isto de mendigar polas rúas trae cousas boas e se coñece moita xente, e a verdade é que debo de coñecer a tódolos pedichóns de esmola da rúa barcelona, e corroboro que son os que máis coñecen do mundo...
E fódeme profundamente esa xente que se cruza con eles e os ignora tan só por pedir uns cantos céntimos, que vale, serán probes pero nom apestados... é máis gratificante - moito máis, onde vai a parar - ter unha conversa con eles que cos putos burgueses que miran cara outro lado... eses mesmos que van á Igrexa - ilusos - e gastan os seus euros no cepillo ou acendendo velas que "sabe Deus" onde van a parar esos cartos... - claro que o sei, ó peto do crego, así é que os ves saír cuns pedazo mercedes que, carallo! ben que da cartos a profesión de crego... -
E os susoditos burgueses saen da Igrexa co traballo feito, por puro egoísmo e por sentirse eles ben... que máis lles dará que a merda lles chegue ós fuciños se non lles afecta a eles...
Porque en realidade, non creo na bondade da Igrexa, é máis, dubido moito que a haxa... dádevos conta de que o clero, durante toda a historia do mundo sempre estivo a carón do rico e do dictador, e usaba o seu poder para matar " a los herejes "... e que dicir ten que o papa non vive entre os probes se non que ten o seu própio estado... se cadra estas son as consecuéncias dun estado de consumo, as p*** clases sociais...
"Ai hijo, no te acerques a ellos" ... señora, se quere que os seus fillos aprendan algo non os alonxe deles, non os protexa nunha cúpula de cristal anti-todo...
Esta é a sociedade e dame profunda coita... está claro que o poder corrompe, e o vil metal se cabe máis... pero namentras só eu e dous máis pensemos iso, pouco podemos facer... porque se cadra estamos equivocados... ou NON...
De: Isra
P.D.: "A xustiza morre ós pes do capitalismo"
P.P.D.: Aisss síntoo, hoxe levanteime combativo, serán os putos exames arrggg ¬¬
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|