<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Dépor, por vos muero ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, maio 05, 2004
Era un día perfecto a nom ser polo tempo... unha cidade engalanada de branco e de azul e unhas xentes que o pior que se lle reflectía na cara era un sorriso... respirábase felicidade, ilusión...
De novo collín as miñas bandeiras e quedei cos meus colegas,,, un deles levaba a miña bandeira do dépor, eu levaba a bandeira da pátria galega, hai que facer afición... iamos polo camiño cantando aquilo de: "a jelsenkinchen, nos vamos a jelsenkinchen"...
E recoñézoo, son ateo, ata xurei que se gañabamos o partido comezaría a crer (a crer a secas, nada de a crer un pouco máis...) que en realidade existe algo arriba... recoñézoo de novo, mirei ó ceo cinco minutos antes e xuntei as miñas mans dicindo "por favor se existes, axúdanos a gañar"... chamádeme cobarde, pero é a ilusión dun aficionado a un equipo de fútbol,,, porque o dépor nom é sóio un equipo de fútbol, é unha forma de vida...
Saímos moi á defensiva, como se o partido nom viñera con nós. Ata notaba máis a respiración dos portugueses na miña caluga, ou se cadra eran os dragóns que berraban como se lles fose a vida niso, porque en realidade se nos ía a vida nese partido... E chegou o minuto 59 e o penalti, que a piques para Molina... "Vamos equipo, nom pasa nada, a por eles" ... berrabamos... mais os nosos gritos chochaban no muro portugués... e as fazañas de antano aquel día nom sucederon...
Sí, inevitabel,,, que as bágoas caesen pola faciana de todos os que alí estabamos... e collín a miña bandeira da pátria e ondeeina ó vento,,, porque temos que sentirnos orgullosos do que somos e do que fixemos...
A voz rompida e as bágoas na cara... pero aínda tiña voz para berrar aquilo de: "Ahora más que nunca, Dépor campeón"

De: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -