Logo da tempestade volve a calma... pero quero máis tempestade!!
O fin de semana pasado fomos a Tella (Ponteceso) a pasar o fin de semana e o pasamos, como dirían os pijos, "de lujo o sea"!
Só con dicirvos que os que nom beben volvéronse alcólicos... (ese moe!)
Chegamos o venres alí e desmontamos todo para baixar a Ponteceso a comprar para cear, e pola noite, ocorréusenos a idea de xogar á piramide (recoméndovolo a todos). Trátase de colocar as cartas en forma de pirámide cara abaixo, e ilas destapando unha a unha. A primeira fila de catro cartas, a segunda de tres, a terceira de dúas e a última de catro, en forma de pirámide. A fila de catro = un trago --- A fila de tres = dous tragos --- A fila de dúas = tres tragos --- A fila de una = catro tragos. É dicir, se se destapa a carta da fila de catro, e resulta que é un dous de bastos e ti tes un dous de copas, ensínala - se queres claro - e mandas quen debe beber ese trago de todos os que están xogando!!!! ou se tes dúas co número resultante etc... Hai tres xogos míticos, Monopoly, Trivial e Pirámide!! xD
O bo da pirámide é que todos acabamos borrachos xD porque ían aparecendo piques en plan "ahora voy yo a por ti" "hacemos pacto y vamos a por este" etc... (coño, parece que estou facendo apoloxía do alcolismo xD)
Así foi, que dous acabaron potando e unha resaca que aínda nos dura xD Pero o sábado baixamos igual de festa ata as seis e pico da mañá!! Xa se sabe, xente nova e leña verde, todo é fume!!
Aissss, que pena por aqueles que nom poideron ir... (ejem véxase Va! xD)
Xa me tarda volver a repetilo de novo!!