$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Facendo história ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, abril 14, 2004
|
 |
Vale, xa sei que escribo este post cunha semana de retraso, pero máis vale tarde que nunca!
O Dépor de novo facendo história... Ninguén contaba con nós, ninguén daba un peso polo noso equipo e aquí estamos, meténdolle catro ó Milán - presente campión de Europa - e clasificándonos contra todo pronóstico... que nolo ía contar...
A victória é histórica pero por moitos motivos:
1-O Milán é o Milán, todo hai que dicilo, e ó campión do Mundo nom lle mete calquera catro goles nun mesmo partido...
2-Levabamos unha renda en contra de tres goles e parecía imposibel superalo...
3-Nunca se rexistrou algo parecido na Liga de Campións, é dicir, nom tiñamos nada en que basarnos, só na nosa fé en que podiamos sacalo adiante
4-Foi un partido perfecto en xogo e ben estructurado dende o princípio, sen descoidar a defensa pero cunha táctica bastante ofensiva, algo ó que Irureta nom estaba acostumado...
Pero weno, parece que co tempo o Dépor estase especializando en mataxigantes i en conseguir o imposibel, porque xa son moitos campos, moitos equipos e moitas aficións que se acordan de nós... A remontada contra o Paris-Saint-Germain, a victoria contra o Bayern de Múnich en Alemaña - que volvimos a facer história posto que ningún equipo español gañara alá - a victoria contra o Manchester e Arsenal en Inglaterra, a victoria contra a Juve en Italia deixando ó equipo subcampión de Europa fóra... e como nom, o CENTENARIAZO!
E agora semifinais contra o Oporto que... weno... hai que ser modestos, pero temos as cousas bastante de cara como para pasar e plantarnos na final... E se vamos á final prometín que iría a Alemaña a velo cos meus colegas, e se gañamos son capaz de raparme a cabeza, pois a ocasión case a merece, nom credes?? ou raparme a cabeza ou teñila de rosa xD e como que prefiro rapala jijiji
Quen o ía pensar nun equipo que fai 15 anos estaba en segunda... quen o ía pensar que fai 25 estaba a piques da desaparición e nos salvamos todo gracias a Lendorio (anque weno, agora estamos pagando as consecuéncias, anque diga que é todo unha inversión...)
De: Redacción TellaCeibe
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|