<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Os sonos sonos son... ou iso espero ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, março 07, 2004
Teño a estraña sensación de que en realidade hai algo de máxico nos sonos e que, quen sabe, se cadra si que se cumpren... (por favor espero que nom!!)
Todo empezou o xoves noite... durmía como de costume pero tiven un sono que nom foi moi normal, cousa da que nin me preocupei ata que vin que as cousas nom ían moi ben... o sono en cuestión trataba de que ía pola rúa tan tranquilamente e de súpeto a cabeza cada vez me pesaba máis e máis, máis e máis... como cando estás morto de sono e a cabeza cae polo seu propio peso... pois igual. Asi dito parece que nom significa nada, pero esa cabeciña que tanto pesaba acabou por cortarse do corpo e na seguinte escena aparecía Isra tumbado no chan, un corpo morto e coa cabeza rodando pola rúa...
E nada, o venres tarde ía a casa do meu amigo Va! pola rúa barcelona e de súpeto a cabeza me ía pesando máis e máis, máis e máis... ata que sen darme conta me caeu e quedei mirando para o chan, aínda que menos mal que a tiña no seu sitio... foi aqui cando me lembrei dese sono de onte, e de se en realidade a próxima vez que baixe á rúa xa nom volva para contalo... espero que nom!!!
Porque eu sempre pensei que... nom sei, que morrería pois dun ataque ó corazón, como toda a miña familia (:P) ou nun accidente de coche... ou durmindo mesmamente... pero nunca me puiden chegar a imaxinar que podería morrer tan tranquilamente pola rúa e que, sen razón nengunha, a miña cabeza caería de súpeto ó chan e rodaría uns metros abaixo...
Se en realidade ese sono se cumpre, espero que antes se cumpra o sono do post "Noites locas de verán"... sería capaz de xogarme unha cabeza para que se cumprise ese sono?? jajaja aquí queda a miña dúbida!!!!

De: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -