$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|
|
|

|
TÃtulo: Cousas da amizade... ! !
Posteado por: !
Data:
segunda-feira, março 08, 2004
|
 |
É o que ten querer a unha persoa de máis... que a fas dano e moitas veces é sen querer (case sempre)... coa que te enfadas e pensas: "nom a quero volver a ver na miña vida", pero dous minutos despois reaccionas en frío: "nom a quero perder"...
É o que ten coñecer a unha persoa de fai 14 anos... é o que ten o orgullo que moitas veces nom nos deixa ver máis alá e nos fai dicir e facer moitas cousas que nunca fariamos... e para que?? para estar un día pensando o mal que fixemos e nom temos nin as forzas nin as agallas para chamar e dicir: "ei, lo siento..." ... maldito orgullo...
É o que ten a amizade... que por esa persoa eres capaz de cabrearte e logo arrepentirte, a aquela persoa que che custa tanto dicirlle un: "quérote" e as veces se di demasiado tarde... mais nom é tarde se é sinceiro... porque todo ten solución nesta vida, menos a morte... e nom estamos como para perder os amigos de toda unha vida...
Cando me pasou púxenme a recordar todo aquel tempo vivido e pensei que nom viviría máis... os nosos xogos no patio do colexio,,, os nosos baixóns post-desenganos amorosos,,, as nosas coñas en clase,,, as nosas risas e as nosas bromas,,, e sabedes?? nom merece a pena soterrar tanto tempo no esquecemento pola tozudez dun momento... iso... maldito orgullo...
Pero polo que queres se loita e se aprende a defendelo por moitas bágoas que che custe ou por moi malos momentos que se pasen,,, e falas con esa persoa cando estás a piques de estallar e nom importa a pastelada que soltes porque esa pastelada é o que sintes e nom te importa dicirllo á cara... porque parece que só sabemos soltar o malo e nunca dicimos o bo das persoas ata que nom nos vemos acorralados e con medo a perder a esa persoa... maldito orgullo...
Só sei que o tempo nom cura as feridas como din,,, o tempo só fai esquecer e ese nom quero que sexa o noso final...
De: Isra Para Iria
|
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|